Lisa, ademáis de axudarnos moito cos disfraces e o baile dos rapaces, explicounos que o Entroido é unha festa moi importante no seu país, Italia.
Lisa preparou unha traballosa presentación dando a conocer os Entroidos mais famosos de Italia: o de Venecia (Veneto),o de Viareggio (Toscana) e o de Ivrea (Piemonte).
En Venecia, comezase co vo da Columbina e o desfile de maxestuosos disfraces.
Algúns dos disfraces son personaxes de teatro italiano do século XVI no que os actores e as actrices actuaban improvisando, sen guión.
- Arlequín- criado ignorante pero pícaro.
- Columbina- criada e amante de Arlequín.
- Pantalón- mercader vello e avarento.
- Polichinela- personaxe que ten moitos problemas pero que sempre leva o sorriso posto.
En Viareggio, son famosos "os carros alegóricos", con caricaturas de personaxes famosos da política, da televisión...feitos en papel maché. Arte e creatividade.
En Ivrea, é coñecida a "Battaglia delle arance" (A Loita das Laranxas), unha loita acontecida no pasado entre o pobo e o exército. Segundo a lenda, nesta cidade vivía un Marqués moi malo que un día raptou a unha criada. Ela, para vingarse, matouno. Por este feito comezou a loita. As persoas que están na rúa representan ao pobo e as que están no carro ao exército. As laranxas representan as frechas. Mentres, polas rúas da cidade desfila a criada nun carro de ouro considerada unha heroína. Pois, ao matar ao Marqués, liberou a cidade da súa maldade.
Logo de contarnos os entroidos máis coñecidos a nivel internacional, Lisa explicou oentroido da súa terra, Sicilia.
Saponara, é unha vila pequena (4.000 habitantes) na provincia de Messina, en Sicilia.
Como celebran o entroido en Saponara? Pois, a tradición tamén se remite a un feito real do pasado. Segundo a lenda, hai moito tempo, no baixo monte apareceu un oso xigante e feroz, que comía o gando, asustaba aos labregos e a todo o pobo. Entón, o Príncipe de Saponara mandou aos seus cazadores cazar o oso. O Príncipe e toda a corte Principesca participou na captura do oso. Cazaron ao oso e levárono polas rúas da vila.
O carnaval da vila representa este feito. Comezo coa captura do oso nos montes (home disfrazado do oso), logo baixan á praza da vila onde se fai a representación do Príncipe e da Corte. Bailase un vals e logo chegan os cazadores co oso e o pobo (representado polo grupo folclórico de Saponara). Empeza o desfile polas rúas e o oso métese no rol de asustar á xente.
Mentras, faise outro desfile de disfraces artesanais, feitos á man. O día remata cun baile de reconciliación entre o Príncipe e o oso. Logo premianse os mellores disfraces artesanais (categorías individuais e de grupo). Tamén se fai un sorteo de friames e pequenos electrodomésticos.
Nalgunhas rexións do norte de Italia, para rematar a festa de Entroido, tamén se queima un boneco de palla e trapos. A fogueira simboliza a pasaxe de inverno a primaveira.
Entón, tamén hai Meco en Italia!?
Pois comparando celebracións, encontramos moitas similitudes. Non só a representación nun boneco de palla que se queima.(O Meco) No Entroido de Galicia tamén hai tres lugares onde o Entroido é máis famoso: Laza, Verín e Xinzo, en Ourense. Tamén temos personaxes do Entroido galego : Peliqueiros, Cigarróns e Pantallas.
Sáese á rúa e fanse desfiles. Se non se lanzan laranxas, lánzase fariña ou formigas,.. Fanse alegorías, represéntanse e ridiculízase a personaxes famosos da política ou da televisión. Permítese facer cousas que noutras é pocas non é posible. Teatro, Arte e creatividade. Disfraces artesanais, desfile, música, baile e premios.
E que dicir das Sobremesas?
En Italia ,os doces tipicos comparten base e ingredientes moi parecidos ás nosas sobremesas filloas, orellas e demáis. Vexamos a pinta que teñen os doces italianios de Entroido.
- Chiacciere. tiras de fariña fritida e cubertas de azúcre. Tamén poden ser cubertas de chocolate.
- Panzerotti. Masa fritida rechea de crema, chocolate, marmelada ou requeixo.
- Pignolata. Doce glaseado típico de Messina que pode ser de limón ou de chocolate.
Mmmm...ñam e ñam! Que pinta tan boa! Doces ricos dende Italia.
Tamén doce e de Sicilia, Italia é a nosa Lisa...
Grazas Lisa polo teu traballo! Contigo aprendemos moito comparando as nosas festas e as nosas culturas!
Documentámonos, comparamos, relacionamos informacións e aprendemos xuntos.
No primeiro trimestre, aprendíamos con Katie e a importante festa americana "Día de Acción de Gracias". Agora aprendemos con Lisa sobre os famosos Entroidos Italianos. Imos de festa en festa, aprendendo.
Lisa e a Katie gustan das nosas festas e do noso Entroido con cocidos e sobremesas. Di Katie: " Gústame toda a comida de Entroido, é moi rica ainda que moi pesada. Menos mal que é unha vez ao ano! Carnes, grelos e garabanzos. Non temos pratos así en EEUU, así que gustaríame levar as receitas para alá. As sobremesas son riquísimas. Cada ano gústame probar un pouco de todo. As miñas sobremesas preferidas son as Orellas e as Filloas".
A americana Katie e a italiana Lisa a soas coas sobremesas de Entroido que fixeron as nosas familias.
Non é raro que logo tiveran que botar algunha peza para baixar tanto doce!
O Entroido e as festas unen culturas, non vos parece?
Ningún comentario:
Publicar un comentario