mércores, 24 de xuño de 2015

RAG. REAL ACADEMIA GALEGA VERSUS REAL ACADEMIA DE GALDO.

As siglas RAG poden corresponderse a Real Academia Galega ou...Real Academia de Galdo!

Todos os anos, cando se acerca a festividade das Letras, o noso alumnado investiga e documéntase sobre a Real Academia Galega...Quen son? Que fan?...

A síntese á que chegan é algo así como...un grupo de xente moi sabida, moi estudosa, que decide a quen se lle adica cada ano As Letras Galegas...

Os maiores do cole, artistas dos paneis informativos, non acaban de entender como é a elección da persona homenaxeada cada ano. Para un maior entendemento, e a modo de humorística representación...creamos no nos cole a nosa propia RAG: Real Academia de Galdo!


Esta institución, sen ánimo de lucro, ten claro a quen lle adicaría AS LETRAS 2070... a Paco Luis Rodríguez Guerreiro, o que foi profesor titor  dos grupos que agora van en 5º e 6º curso. Recoñecen o seu esforzo pola defensa pola Lingua e a Cultura Galega e lembran a súa diversa obra: poesías sobre as árboles e a ciencia, O Rap da Fariña, Teatro : As avoas eran ben boas, A Princesa do Courel que perdeu o anel, Os cegos e a vaca,... E miles de argalladas varias, todas elas en relación coa defensa da Lingua e a Cultura Galega.


Para nós é un orgullo que Paco Luis fora mestre no noso cole. Agora pasou a mellor vida, á vida de xubilado! El sempre dixo: "Tárdame xubilarme posto que teño moitas cousas que facer!" E así foi... O mestre de escola Paco Luis é a día de hoxe  o presidente do Colectivo Pensamento e Sementeira. O mesmo colectivo que trae moitas actividades culturais a Viveiro: concertos de cantantes galegos de renome, cine e audiovisual galego coa oportunidade de falar e coñecer aos protagonistas,...

Grazas, mestre Paco Luis, polo teu legado!
Por que Letras Galegas 2070? Pois...porque esperamos unha longa vida para Paco Luis e...posto que hai que esperar mínimo 10 anos do seu falecemento para ser homenaxeado nas Letras Galegas...a conta sae no 2070, por exemplo!

Pode que a elección do homenaxeado sea polémica ou haxa xente que non lle guste a figura homenaxeada... Nunca chove a gusto de todos! Sirva de exemplo a proposta da RAG para As Letras 2015.
Unhas boas propostas  que existen e que están máis que xustificadas para As Letras 2016: Manuel María ou Filomena Dato...


A Real Academia de Galdo apoia a proposta do Concello de Bergondo para adicarlle a Filomena Dato as Letras Galegas 2016!

EDITORIAL COMO CHO CONTO!

Queridas familias e Comunidade Educativa:

O Grupo Editorial COMO CHO CONTO formado este ano por alumnado axudado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pide disculpas polo retraso que leva nas publicacións prometidas.
Alumnado de 5º e 6º Abalar e recente incorporación de alumnado de 4º curso  (os novos "abalares" no curso vindeiro). Eles e elas, os protagonistas de dar as novas, de informarse e informar á poboación...
Radio e prensa escrita!

Este terceiro trimestre foi moi sobrecargado de traballos e proxectos varios para todos, alumnado e profesorado. O alumnado de 6º moi nervioso pensando na súa marcha e no Festival de Fin de Curso, ateigados de traballos para Comenius :bailes, gravacións... As saídas, preparar o Acto de Graduación,...
5º e 4º tamén notaron a presión, ademáis das clases, dos exames, tiveron que preparar as súas achegas para As Letras, GaldoNatura e Horto, Proxecto Terra, Actuacións para o Festival,...
O profesorado...non daba atopado  momento de correxir o material que ía chegando...e tamén con moitas historias entre máns... Por iso a cousa retrasouse máis do previsto!
Non importa! Trátase do primeiro ano desta experiencia con xornalistas tan novos...imos amodo e aprendendo sobre seguro!

Este Grupo Editorial comezou o curso facendo Radio e traballando sobre guións, entrevistas, cuñas publicitarias,... Radio Galdo! Traballando pola e para a Escoita. Podcast de recitado especial Rosalía, teatro lido para radio sobre libros da biblioteca ou contos, curiosidades e celebracións... Gustoulles moito e colléronlle gusto a gravarse!

A tarefa complícase cando se trata da escrita para publicar, xuntando imaxe e texto para informar. Non lles resultou doado pero esforzáronse moitísimo para facelo ben e ir mellorndo os seus escritos.

As súas primeiras experiencias como xornalistas! Como xornalistas en Galego! Escribindo para este blog! Documentándose, narrando, elexindo as imaxes precisas,..

O Equipo de Dinamización da Língua logo das correcións pertinentes e  revisións de todo o material feito e entregado, xa está a facer todo o posible para ir publicando neste blog todo ese traballo.

Sabemos que vos gustará! De novo disculpas e...ata a próxima publicación do xove Grupo Editorial Como cho conto!

Equipo de Dinamización da Lingua

venres, 5 de xuño de 2015

OLLOBOI. "MARUXA " GALARDONADA!

AUDIOVISUAL GALEGO  escolar, non profesional , desde 2010.


Video promo OLLOBOI 2015

Ligazón á prensa praza.gal  



Ligazón ao blog. OLLOBOI

Ligazón OLLOBOI 2015.Listaxe de gañadores




Noraboa aos nosos compañeiros do CEIP Coirón de Dena, Pontevedra!Fixeron unha moi boa curta baseada no libro de Eva Mejuto, sobre a igualdade. Coa música da archicoñecida canción de Juanes, "Tengo la camisa negraaa..." pero... o que ten Pepiño é unha fame negraaa porque Maruxa se puxo en folga e non lle ten o pan.



Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

 Alegrámonos moitísimo do galardón ben merecido! O máis visto e votado! Ata a propia Eva Mejuto quedou marabillada, así o expresa no seu comentario.
Noraboa ao alumnado de  do CEIP Coirón especialmente ao alumnado protagonista de 4º, e a eses artistazos de mestres! Artífice Rafa e velliñas Cuca e Eva, que fan o seu cameo no video!

Ca de traballiño que hai detrás de una curta!

O Festival do Olloboi pon de manifesto todo ese traballiño e tamén a increíble creatividade e arte que hai nos coles.

Cando remataremos nós a nosa curta? Imos ter que pedir axuda aos expertos de Coirón de Dena!