Pois, imos con Romanía. Aos protagonistas xa os coñecemos, alumnado de 5º curso, no papel de romaneses e romanesas.
Quinto curso aprendeu moito documentándose nos meses de febreiro e marzo. Non só para a elaboración dos disfraces:os traxes rexionais. Foron máis alá. Consultaron as fontes ao alcance,e á comunidade de romaneses residentes en Ourol. Buscaban unha festa importante en Romanía. Así preguntaron e así investigaron.
Importantes son dúas festas romanesas: as bodas e o Martisor. As bodas romanesas duran días.
O Martisor é unha festa romanesa moi importante. Celébrase a chegada da Primavera. É unha festa relacionada coa Muller , a poesía e a Primavera.
Martie, Marzo. O primeiro día de marzo ten lugar un Festival moi importante. Bailes, acordeóns e danzas dos distintos grupos rexionais. Recital de poemas romaneses de primavera.
Dúas cores son as corporativas e significativas: vermello e branco. Vermello símbolo da enerxía e vitalidade. Cor da sangue e da vida. Branco, cor da pureza.
Tradición e lenda. Segundo a lenda, un xove moi valente foi en busca do sol roubado no tempo frío. A Primavera é nova vida. O valente rapaz rescata e trae de volta o sol.
Chegada da primavera. marzo, mes da Muller. Recoñecemento. Muller, vida. Flores, a "Gioche", a campaniña branca.
Buscamos información sobre esta festa. Vimos os videos do Festival Martisor 2014, onde poidemos comparar os nosos disfraces cos verdadeiros traxes rexionais. Escenario decorado con flores vermellas e brancas. Música, acordeón e folclore romanés. Unha festa que xa sona moi familiar para o noso alumnado...
Festival do Martisor. Vídeo Asamblul, Izvorasul, Martisor 2014, no Youtube. Subido por zivadeazi.md, stiri din Cahul. Enlace directo ao Festival:
http://www.youtube.com/watch?v=eZQN3SAAiJo
1 Martie 2014 Martisor in Cahul.Vídeo subido ao Youtube por Oleg Diaconov.
O mesmo escenario e distintas xeracións que cantan e bailan: nenos e nenas, xoves e adultos.
http://www.youtube.com/watch?v=TfwEf4FSUbM
Fixámonos nos traxes rexionais diferentes segundo a rexión, o escenario motivo Martisor, xogando co vermello e o branco, os bailes, as parellas e todo o conxunto.
Quedámonos con algunha instantánea que resuma o Festival e a nosa investigación.
Comparamos agora co baile que fixeron os nosos romaneses e romanesas de 5º, o 28 de febreiro, xusto o día anterior a este Festival.
Festival do Martisor. Vídeo Asamblul, Izvorasul, Martisor 2014, no Youtube. Subido por zivadeazi.md, stiri din Cahul. Enlace directo ao Festival:
http://www.youtube.com/watch?v=eZQN3SAAiJo
1 Martie 2014 Martisor in Cahul.Vídeo subido ao Youtube por Oleg Diaconov.
O mesmo escenario e distintas xeracións que cantan e bailan: nenos e nenas, xoves e adultos.
http://www.youtube.com/watch?v=TfwEf4FSUbM
Fixámonos nos traxes rexionais diferentes segundo a rexión, o escenario motivo Martisor, xogando co vermello e o branco, os bailes, as parellas e todo o conxunto.
Quedámonos con algunha instantánea que resuma o Festival e a nosa investigación.
Comparamos agora co baile que fixeron os nosos romaneses e romanesas de 5º, o 28 de febreiro, xusto o día anterior a este Festival.
Instantánea do baile romanés na festa do Entroido.
Entón que é o Martisor? Cal é a orixe e a tradición desta festa?
Os rapaces e rapazas de 5º curso fixeron un bo traballo de documentación. Até se atreveron a argallar o seu propio Martisor.
Un agasallo ás mulleres. Con moita tradición. Actualmente incorpórase unha xoia, un detalle para acompañar o trenzado vermello e branco.
Aproveitamos o deseño do detalle para o concurso "Deseña unha xoia para túa nai" da Escola Oficial de xoieiros de Galicia.
Todo un proceso artístico dende a documentación e o deseño até a súa elaboración.
- Documentación. Visionado de vídeos. Que é o Martisor? Orixe, tradición e lenda. Tutoriais de elaboración do trenzado vermello e branco e máis da xoia ou detalle que o acompaña. A fonte: Youtube, videos previamente selecionados.
- Deseño. Bosquexo e ficha técnica de elaboración do propio martisor, onde se explicitan materiais a empregar e proceso. Como se fose unha receita ou titorial escrito. O material máis demandado foi a "Goma Eva", moi de moda na actualidade.
- Elaboración.Con paciencia, atención e tranquilidade foron manipulando a goma eva e outros materiais ao alcance para dar forma e sentido ao seu traballo documentado.
Os primeiros traballos elaborados a partir de un completo bosquexo:
Non tardaron en chegar novos e sofisticados traballos en goma Eva.
Para chegar a estes sofisticados e artesanais traballos finais, os rapaces e rapazas tiveron moito traballo previo. O primeiro paso foi o trenzado simbólico branco e vermello. Os titoriais consultados xa advertían da necesidade de dúas persoas para trenzar.
Pois, nun estilo máis ben libre, pero respectando as cores e o significado, comenzaron a trenzar...
Isto foi o comezo de todo o proceso, a medida que ían coñecendo cousas sobre esta tradición e esta festa.
Leron que o día 1 de Marzo agasállanse ás mulleres con Martisores e frores. Elas deben lucir, na roupa ou no pelo, a trenza significativa até o día 12. Os rapaces levan as trenzas como pulsera, para ter máis doado o momento de agasallar. Logo do día 12, o trenzado martisor cólgase dunha árbore. A árbore floreará na primavera e iso é símbolo de fortuna e boa sorte na nova vida que comeza cada Primavera.
Os nosos rapaces e rapazas de 5º curso quixeron ilustrar a tradición e dar pleno sentido ao que leron sobre o tema.
Algúns trenzados apareceron colgados das cerdeiras, laranxeiras e outras árbores do noso colexio.
Desexamos moita vitalidade e sorte a esta xente! Benvida á primavera!
Alegría e festa ,tamén aprendizaxe.
Na nosa Comunidade tamén se celebra a chegada da Primavera pero non existe festa análoga para comparar. Quizais a festa máis parecida é o 14 de febreiro, festa dos namorados, festa dos corazóns vermellos e na que se agasallan flores...
Agora xa sabemos máis sobre a cultura romanesa e as súas festas e tradicións. É razonable que a chegada da Primavera sexa motivo de festas e festivais. Remata o tempo frío, os días comezan a ser máis longos e a xente parece máis animada para danzar entre as primeiras flores que anuncian moita vida primaveral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario