Cando? Onde? Que se fai? Por que tortilla? Documentámonos!Lemos e buscamos respostas. Informamos.
Cando cadra? Cando é?
O domingo anterior ao domingo de Ramos .A data depende de como cadre a Semana Santa, pero é en Marzo ou a primeiros de Abril .Este ano celebramos o domingo da Tortilla o día 6 de Abril ,pois o Domingo de Ramos, comezo da Semana Santa cadrou o 13 de Abril.
Onde se celebra?
Se é festa da tortilla, celebrarase en España,non si?
En algúns concellos de España. Entre eles, en Viveiro.
En que consiste a festa, que se fai ese domingo?
Trátase de celebrar a chegada da Primavera e do bo tempo logo do frío inverno. En familias ou en grupos de amigos vaise pasar o día aos areais, ou ao campo, ou a algunha finca particular. Lévase a bebida e a comida. Refrescos, viño, empanadas e tortillas. Todo o día de troula.
Por que tortilla?
Porque a tortilla é unha comida que sabe ben ainda fria. Ademáis é unha comida moi aforrativa, co ovo repartido para comer varias persoas. As galiñas están poñedoras coa chegada da primavera e temos patacas da horta galega. Quizá teña orixe franciscana, como nos sinala o mestre Paco Luís. E comezara a tradición coas tortillas.
E sabemos facer a tortilla de pataca? Tamén podemos consultar e escribir a receita: Ingredientes e Preparación. Anímaste?
O luns, despois dese domingo, nas clases facemos moitas actividades, de contar o día, de buscar información, de escribir distintos textos relacionados e en diferentes idiomas.
Por exemplo, Hugo Casas cóntanos como pasou él o día en familia. Foron a Marcelle!Tortillas. Compartir o momento. Pasalo ben. Recibir a Primavera, o bo tempo e os días máis longos.
Festa, romaría. Persoas ao redor da comida. Unhas tortillas, unhas empanadas e veña festa. Parolar, brincar, rir, contar contos. Pasar o día de Romería.
Conta ti, como pasache o día das Tortillas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario