venres, 18 de abril de 2014

OBRADOIRO DOS TRAXES REXIONAIS

Seguimos amosando máis Entroido...e tamén o traballo que conleva.
 Como se fixeron os disfraces,os traxes rexionais?
Como transformamos as bolsas de plástico en verdadeiros traxes identificativos?
Pois, con moito traballiño e paciencia e colaborando mestres, alumnado e familias.
Búscase unha temática aberta e representativa do que estamos traballando ao longo do curso. Logo, por grupos e ciclos imos concretando o traballo.


Proceso:

1. Documentación. Como é o traxe que imos elaborar? Búsqueda de información.
2. Planificación. Que materias necesitamos. Facemos o deseño e os bosquexos necesarios.
3. Elaboración paso a paso. Fanse os patróns de cada peza. Tómanse medidas e fanse os traxes en serie.
4. Resultado final. Próbanse os traxes e danse os últimos retoques.

Este é o procedemento xeral para cada un dos traxes feitos.

Vexamos agora, con máis detenemento exemplos máis concretos.

CASO DOS TRAXES ROMANESES.

Documentación.
 Na rede, no libro De Roda en Roda, romaneses que viven na nosa contorna...


Planificación.
 Fanse os bosquexos, lista de materiais necesarios. Deseños. Que pezas se poden traer da casa e que pezas se armarán no colexio. Búscanse, pídense e prepáranse os materiais.







Da importancia de facer os bosquexos!


Un Patrón para seguilo


Elaboración paso a paso
Se queremos que o alumnado participe de todo o proceso aprendendo significativamente, os borradores e as instrucións deben ser moi claras. Antes de poñerse a traballar sobre as bolsas de plástico é preciso facer probas sobre o papel.


Seguindo o Patrón e facéndose consciente de como é o proceso.








 Xoel corta tiras douradas.As medidas 120cm x 1,5 cadrados.Concentrado e equipado dunha boa regra para facelo ben.








Practicando os bordados con rotuladores permanentes sobre un retallo de bolsa blanca.
Non é doado,verdade?




O resultado final.
Esmerandose en facer lindos caraveis con alame e papel de seda, blanco e vermello, para adornar o sombreiro.






2 comentarios:

  1. ¡Menudo traballo!. Parabéns para todos os implicados na elaboración dos traxes

    ResponderEliminar
  2. Grazas, e grazas pola participación desde as casas! É unha pena que non se poda contar todo o que se fai...así que cando hai uns días tratamos de ir actualizando algunha das actividades nun blog ou noutro. Traballo sí, pero disfrútase e apréndese moito!

    ResponderEliminar