Ainda que a cita oficial de celebración foi o 28 de febreiro, este Entroido foise preparando as semanas anteriores. Documentación e búsqueda de información, obradoiro de disfraces con moita arte e creatividade para convertir as bolsas de plástico en verdadeiros traxes tradicionais, axuda das familias para completar os disfraces e para disfrutar dunhas ricas sobremesas.
O Meco, señor do Entroido, foinos dirixindo dende o luns ata o venres de Entroido. Por iso o 24 de febreiro, no Contacontos e no Recital homenaxe a Rosalía, todos e todas lucíamos sombreiro.
Ensaio dos bailes e retoques dos elaborados disfraces:tiras, pompóns, e florituras varias.
A mañá do 28 de febreiro foi transformándose logo do recreo. Infantil recibiu a visita do canario Piolín que veu atraido polos sombreiros e traxes floreados de Infantil.
Dúas das Festas de sona no noso Concello de Viveiro, e tamén de tradición galega foron representadas neste Entroido.
OS MAIOS.
Os pequenos e pequenas de E. Infantil lembráronnos esta festa galega tan alegre que celebramos en Maio na nosa Comunidade. Ataviados con roupas e adornados sombreiros de flores e follas, trouxeron moita cor e moita alegría.
Estuveron moi atentos a todo o que ocurría e foron os primeiros en desfilar e mostrarnos a súa festa.
MOSTRA FOLCLÓRICA INTERNACIONAL.
Cada primeiro domingo de agosto, na Plaza Maior de Viveiro, celébrase, desde hai moitos anos, a Mostra Folclórica Internacional. Veñen moitos países de todo o mundo a mostrarnos algo da súa cultura e do seu folclore: o seu baile e os seus traxes rexionais. Neses días de Mostra compartimos culturas e comprobamos que o baile e o folclore existe en todas as culturas do mundo.
Desde o noso colexio plurilíngüe e pluricultural tamén quixemos homenaxear esta celebración intercultural pensando nas culturas e países implicados este curso escolar, os socios Comenius do Proxecto Shall we dance? e os países de Katie (EE.UU) e de Lisa (Italia).
Os Maios de Infantil representaban Galicia.
O alumnado de 1º de EP , dende a capital de España, marcáronse un chotis espectacular. Logradísimos disfraces e impresionante posta en escena. Que chulaapos!Nin que sairan da Festa do San Isidro!
Logo de escoitar e ver bailar coa música da capital, cruzámos o Océano Atlántico para ir a campo americano. Vaia, este día houbo baixas entre o alumnado de segundo para facer unha representación americana, da zona da Pradera. Sara Kate e os Sherif bailaron a ritmo de countrie.
O grupo de 3º EP, Italia, ainda que vestidos como gondoleros venecianos, ensaiaron toda a semana axudados e dirixidos por Lisa para facer un baile popular Siciliano, de exaltación ao traballo do campo, á xente labrega. Tamén bailaron as mestras Conchita e Cristina.
Quenda de 4º de EP. Francia. Elegantes e vistosos traxes para bailar un animoso Can-Can con final espectacular de piruetas das nenas de cuarto. Parella de mestres que daba gusto ver: Luís e Rebeca.
5º EP. Romanía. Traxe tradicional con base branca, sombreiro e calzado negro. Bonitos bordados floreados con rotulador permanente sobre bolsa de plástico. Moi logrado o traxe e moi ben documentado.
Como baile, un baile de roda, segunindo o libro, CD e DVD De roda en roda.
O mestre Marcial e a mestra Ermi , os responsables desta roda viva de romaneses e romanesas!
6º curso EP. Polonia. Tamén traballaron moi concienzudamente nas bolsas de plástico para engadir pompóns, plumas e toda unha serie de detalliños.
A mestra Maria Pernas e o mestre Pepe dirixiron o traballo de documentación e elaboración do traxe rexional polaco.
A posta en escena tamén foi espectacular e houbo que ampliar o espazo para esta animosa polonesa.
Grazas ao esforzo de coordinación de todo o profesorado para levar a cabo esta festa coordinada. Cada un puxo da súa parte para que todo saira ben: documentacións, músicas e bailes, traxes e outras xestións.
Grazas á nosa cabeza artística!...
Con esta alegría e con este baile rematou a Mostra folclórica posto que xa era hora do xantar.
Pola tarde, xa nos agardaba... outra festa, de comiolada.
Grazas familias polas ricas sobremesas!
Unha vez máis disfrutamos todos xuntos da festa e do baile. Cada grupo aportando a súa parte para o ben conxunto. Moito traballo, iso sí pero con moito sentido e moita aprendizaxe conxunta e en Comunidade.
Oportunidades para aprender, de festa en festa. A nosa e as nosas festas!
Entre bailes e culturas, disfrutando...
Enhorabuena a todos los profes, menudo trabajo para hacer y sobre todo para pensar todos esos disfraces. No solo es una fiesta, sino todo un trabajo de documentación sobre los paises. Ya se ve que los peques se lo pasaron en grande... aunque hay alguno no tan peque que también se lo pasó en grande (je, je je) ¿a que si?.
ResponderEliminarFelicidades a todos.
Grazas a vos pola vosa colaboración, o voso recoñecemento e...os vosos comentarios nos blogs! Moito traballo pero tamén moitas oportunidades de aprender xuntos e de disfrutar!
Eliminar