Outra festividade importante sobre a que é preciso documentarse. Un ano coa denominación de Interese Turístico Internacional e desde 1988 Interese Turístico Nacional.
Pero a Semana Santa de Viveiro é importante dende moitos anos atrás. Como se orixinaría? Por que se empregan imáxenes tan antigas? Por que é tan importante a Imaxinería?Por que sería denominada de Interese Turístico? Por que?
Para encontrar respostas,consultar libro de actos, ollar carteis antigos dende 1946 e outras curiosidades, ver fotos e o xenial video promocional das Cofradías con vistas aéreas da zona, para saber máis, podedes visitar directamente a páxina
Dentro da Semana Santa de Viveiro, está moi ben considerada dende hai moitos anos a Semana Santa de Galdo.
Moita xente veu ou oiu falar do Encontro de Galdo, con imaxes articuladas como as de Viveiro.
Os días de Semana Santa Viveiro énchese de xente procedente de lugares moi distintos. Non só xente devota para acudir aos actos relixiosos, senon que hai moitos atractivos. Unha axenda repleta de actos culturais e o reclamo das Procesións onde participa todo o pobo,a rica imaxinería e o redobre de tambores recorrendo as rúas do fermoso e emblemático Casco Histórico.
A xente do lugar acode ao compromiso de participación e os visitantes ou turistas veñen encantados para disfrutar do Entorno, das Procesións, da oferta gastronómica e cultural que ofrece a zona.
Pois é preciso darse conta do afortunadas que somos as persoas de Viveiro. A zona ten mar, campo e río, ten historia milenaria...ten de todo! Que lle pregunten aos mestres polacos que estuveron coñecendo a zona e marcharon marabillados! Ou...preguntémoslle a Lisa e a Katie,ou aos familiares de fóra que tivemos como invitados estes días. Á xente do lugar tamén nos gusta re-encontrarnos coa riqueza que temos.
Devotos ou non gustamos das procesións e da participación conxunta. Tanto é así que non queremos que acabe a festividade da Semana Santa. Os nenos e nenas de Viveiro teñen a súa "Semana Santa dos Nenos", xa de volta das vacacións.
Coas Imaxes-pasos en miniatura, dende a "Burriquita" á Ultima Cea, serios levadores, tambores, ata autoridades e mantillas.
Fagamos un repaso rápido da "pequena" Semana Santa 2013, porque hai caras moi coñecidas...
Terá algo que ver Dolo en todo esto?
Orde! Que o pequeno Concello e os seus servizos tamén son importantes.
Están os tambores preparados? Pois, adiante...
Descanso para logo continuar...
Hai quen cambia o traxe e desempeña distintos papeis...
Os levadores da Última Cena , o paso máis pesado de todas as Imaxes...
Marcando o paso, serios...
Mantillas?!...
As Procesións empezan e acaban con tambores despois dos longos itinerarios
Está claro que en Galdo hai expertos en Semana Santa...
Estas só son algunhas imaxes. Os protagonistas poderán contarnos moito sobre o tema, verdade? Explicar, Informar, contar... Estamos desexando saber e volver a vervos na "pequena" e Semana Santa 2014.
Grazas á Xunta de Cofradías e a todas as persoas que fan posible momentos tan bos como estos, á Organización e aos que sacan as fotos e nos deixan usalas.
Reforzando o concepto de Comunidade e dando sentido á participación conxunta.
Máis fotos e máis datos na páxina antes sinalada.
Enlace directo ás fotos:
Sabemos que moitos e moitas de vós estades cos preparativos. Todo o proceso serviravos para documentarvos mellor e facer un bo traballo. Esperamos os vosos escritos!
Esmerádevos para que os vosos traballos podan publicarse. Escribide e pedide axuda aos vosos mestres, pero escribide!
Semana Santa de Viveiro
Semana Santa de Galdo
Semana Santa dos Nenos
Semana Santa de Viveiro
Semana Santa de Galdo
Semana Santa dos Nenos
Outra preguntiña para acadar unha boa nota en Investigación... Terá algunha relación a Semana Santa co artista mariñano H.Xeada?
Claustro de San Francisco
Praza Maior
3º Premio Concurso de Cartaz Semana Santa Viveiro 2010, Hipólito Xeada Pena.
Como relacionas todo isto? A por nota pequenos e pequenas investigadores...
Ningún comentario:
Publicar un comentario