Ola, Familia! A nosa
andanza, este curso, comezou en setembro, despois do verán e despois do Naseiro. O primeiro trimestre estivemos
moi ocupados “de festa en festa”. Preparamos e celebramos as nosas festas de Outono.
Empezamos pola vendima, a
recollida da uva para preparar o viño e o mosto. En Outubro un Samaín de medo, de meigas e meigallos.
Pasamos da festa das cabazas ainda nas nosas cabezas…a preparar una boa festa
coa castaña como protagonista, un Magosto
moi ao noso estilo, dende a recollida das castañas nos castiñeiros de Puri ata
a celebración dunha tarde de verdadeiro folclore: degustación, baile e xogos
populares. No Nadal, festival! Outra
festa! Vestimos o cole de gala e preparamos as actuacións, as nosas panxoliñas,
a nosa Cantata de Nadal, os nosos contos. Así nos despedíamos o día 20 de
decembro, con un Festival moi especial.
COMO CHO CONTO!
No noso boletín de
novas podedes facer seguimento dese recorrido festivo de outono. Xuntamos as
nosas festas propias con outras festas e
tradicións que tamén celebramos no colexio: Halloween,
Thanksgiving Day…
e que nos serviron para comparar e descubrir semellanzas e diferenzas, para saber máis investigando a orixe e a historia das festas.
O curso pasado Katie presentaba unha importante festa no seu pais de orixe. Thanksgiving Day ou Día de Acción de Grazas.
Este curso aproveitouse esta celebración para recordar o que sabían desta festa, aprender da súa lenda e tradición, traballar vocabulario e expresión oral en Lingua extranxeira,..
e que nos serviron para comparar e descubrir semellanzas e diferenzas, para saber máis investigando a orixe e a historia das festas.
Algunhas
conclusións:
·
A necesidade de festa e de
dar grazas polos alimentos que da a terra existe en todas as culturas.
·
Necesitamos á xente reunida
compartindo o momento, bebida, comida, música e danza. Sociedade, gastronomía e
folclore.
·
As festas requiren e
abranguen una preparación previa, a propia celebración e o despois, a reflexión
e comentarios de como foi.
·
Existen festas que se
repiten todos os anos. É interesante coñecer como se fixo a festa outros anos
para introducir melloras, comprender cambios e descubrir o noso propio estilo.
As nosas festas!
·
Nas festas de comunidade
participamos todos dende os nosos pequenos grupos de referencia-identidade para
xuntarse e sumarse nun grande grupo
comunitario. Traducido no noso micromundo do cole…Son festas do colexio! O
grande grupo somos todas as persoas do colexio. Na festa xúntanse as
aportacións e participación de cada Ciclo e de cada área. O grupo de referencia-identidade
é o grupo Aula e o Ciclo.
Como nos gustan as actividades de Centro
e de Ciclo, como nos gustan as festas! Pois conectan coa nosa realidade diaria,
coas nosas emocións e sentimentos, coas nosas emocións!
Aprendemos nas
festas!
Aprendemos das
festas!
Aprendemos coas
festas!
Pois nas festas hai Matemáticas,
Coñecemento do Medio, Linguas (Galega, Española e Extranxeira), Artística,
Música, Educación Física, Relixión e Atención Educativa. Están todas as
materias incluidas!
Para preparar boas festas necesitamos
documentarnos na BIBLIOTECA, buscar datos e información nos libros,
enciclopedias, na rede…Lemos e aprendemos
a manexar información, aprendemos novo vocabulario, perfeccionamos a nosa
ortografía e gramática. En definitiva, APRENDEMOS co engadido da alegría de festa e folclore!
Por iso propoñemos seguir aprendendo… e
seguir en Romaría, de festa en festa. Convidamos a participar nas nosas festas e nas nosas
aprendizaxes a todas as familias, a quen queira! Xa
dixemos que os ingredientes para una boa festa didáctica son xente reunida con
ganas de participar da festa e da aprendizaxe en Comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario