Ir “de festa en
festa” aprendendo con alegría é una proposta
moi estudada que responde a un
traballo iniciado e encaixado seguindo
coas propostas de proxectos dos anos
anteriores que tiveron éxito por ser Propostas cheas de Oportunidades de
aprendizaxe que inclúen a participación de toda a Comunidade Educativa.
Elixir esta Proposta
non é casual. Para chegar ao folclore fomos facendo camiño. Sempre intentando
relacionar as nosas propostas con outros Proxectos cos que estemos traballando
no cole (Comenius, Portfolio das
Linguas, Galicons,…) Todo está relacionado e trátase de buscar os nexos para traballar
dentro dun tema aberto que permita encardinar e encaixar coordinadas as
propostas dos Equipos de traballo do centro, aínda que logo cada Equipo teña
responsabilidades distintas nas actividades conxuntas.
Distintas Memorias finais porque existen distintos
Equipos pero as temáticas de traballo son abertas e inténtanse que estean
relacionadas unhas con outras. Para
poder traballar de xeito globalizado.
Vexamos, por exemplo,
a traxectoria que levamos para chegar a propoñer o folclore e “Ir de festa en festa” este curso.
SOCIEDADE, GASTRONOMÍA E FOLCLORE.
Os Equipo de Dinamización e
Normalización da Lingua e o Equipo de Biblioteca traballan conxuntamente para
facer Propostas abertas, que inclúan á
Comunidade Educativa co fin de aprender e conectar
a xeneralidade dos libros de texto coa NOSA REALIDADE, a do noso contexto,
as nosas familias, a nosa xente, a nosa cultura e o noso xeito. Darlle sentido
e significatividade práctica ao que lemos
nos libros e ao que traballamos
diariamente na escola, dándolle o valor de utilidade e cercanía, a xusta para
verlle sentido e implicarse nas tarefas
da escola.
SOCIEDADE
Hai dous cursos lanzamos a “Campaña das Avoas” con moitísimo
éxito de participación. Grazas a esa participación e implicación das familias coñecemos
as avoas da nosa Comunidade a través dos propios netos e netas. Presentamos ás
avoas e aprendemos moitísimo sobre a nosa sociedade. Unha sociedade na que os
avós e sobre todo as avoas son una peza fundamental.
Tamén aprendemos ao mesmo tempo cousiñas
moi directas sobre a lingua: vocabulario e normas ortográficas, pois…había que
facer a ficha das avoas; facelas
públicas e ninguén quería cometer erros escribindo.
Todo comezou, coma sempre, nunha festa comunitaria: no Entroido! Fomos da temática As Etapas da vida das persoas. Rapazas e rapaces do 2º e 3º ciclo intercambiaron os xéneros: eles eran elas e elas eran eles. Avós e netos xuntáronse nunha celebración. Xurdíu e estaba nacendo a Campaña dos Avós, Campaña das Avoas, porque estábamos en marzo, mes das mulleres traballadoras fóra e dentro da casa. Homenaxe aos nosos maiores.
Todo comezou, coma sempre, nunha festa comunitaria: no Entroido! Fomos da temática As Etapas da vida das persoas. Rapazas e rapaces do 2º e 3º ciclo intercambiaron os xéneros: eles eran elas e elas eran eles. Avós e netos xuntáronse nunha celebración. Xurdíu e estaba nacendo a Campaña dos Avós, Campaña das Avoas, porque estábamos en marzo, mes das mulleres traballadoras fóra e dentro da casa. Homenaxe aos nosos maiores.
Unha das actividades que se propuxo foi presentar as avoas e facer unha ficha con foto e datos persoais, ocupacións e habilidades.
Logo se encheu o colexio de avóas e toda a comunidade podía coñecer e aprender moito lendo e investigando sobre as protagonistas da homenaxe.
GASTRONOMÍA
Logo se encheu o colexio de avóas e toda a comunidade podía coñecer e aprender moito lendo e investigando sobre as protagonistas da homenaxe.
GASTRONOMÍA
O curso pasado seguimos coas avoas “A
lingua das avoas” traballando expresións dos nosos maiores, dos nosos avós, que
non veñen no dicionario.
Repasamos as Fichas das polifacéticas
avoas e…atopamos que ademais dos traballos que facían a maioría cociña ou cociñaba
moi ben: caldo, cocido, callos,
empanadas…
Así que a Proposta foi gastronómica: AS NOSAS RECEITAS, O caldo de Galdo, O meco gastronómico e o Entroido dos traballos
arredor da comida( dende o sector primario ao sector servizos), O Rap da fariña,… Lembramos!
As potas do caldo de Galdo, de Infantil, que explicaban que levaban verde verdura pero tamén levaban vermello polo chourizo!
O Meco gastronómico foinos preparando ao longo da semana ate estar listos para facer as chulas e as filloas.
O Agro. Xente da terra, que coida as plantas e os animais para obter alimentos. Labregos e labregas, gandeiros e gandeiras.
Desfilaron camareiros e camareiras coas súas bandexas!
O Equipo médico tamén estaba presente, para atender as urxencias e tratar as alerxias alimenticias.
E no Entroido, comidas e sobremesas de avoas!
O Mar.Mariñeiros e redeiras, xente do mar que nos trae o peixe fresco!
O Agro. Xente da terra, que coida as plantas e os animais para obter alimentos. Labregos e labregas, gandeiros e gandeiras.
O sector secundario. A industria. Das materias primas aos produtos elaborados.
A Conserva. Galbo, o Bonito de Galdo ( dentro do Plan Proxecta e dentro do Proxecto Galicons, traballouse sobre a conserva do Bonito).
Técnicas modernas de Publicidade e marketing para anunciar o noso producto, como...o home conserva, por exemplo!
Tiñamos responsable de Calidade, persoal para a descarga e peladoras.
Unha vez máis enlazamos Proxectos para traballar conxuntamente. Pois, somos unha Comunidade pequena con moitos traballos e temos que facer deste xeito. Todo está relacionado e os aprendizaxes teñen máis sentido e significatividade.
O pan de cada día!
Algúns libros que empregamos para traballar vocabulario e outros aspectos da Lingua e das Nosas Receitas.
Panadeiros e panadeiras que traballan no muiño facendo pan a ritmo da muiñeira fan fariña e logo pan. Con axuda do mestre Paco Luís armaron O Rap da Fariña.
Á festa acudiron cociñeiros e cociñeiras de prestixio para coñecer máis de preto a cociña de Cunqueiro, base da nosa gastronomía.
O Equipo médico tamén estaba presente, para atender as urxencias e tratar as alerxias alimenticias.
Gabriel, o enfermeiro de garda, descansando e papando unha filloada!
Moito traballiño durante o curso e
moitos aprendizaxes sobre lingua e cultura. Sobre a importancia que ten o alimento e a gastronomía na nosa sociedade.
FOLCLORE
A gastronomía chama ao folclore. Somos
galegos e galegas. Gústanos as festas! O noso calendario está cheo de festas!
Por calquera cousa facemos celebracións. Hai
cousa máis galega que unha festa?! Reúnese a xente arredor dunha mesa.
Fálase, discútese, compártese o momento, cómese e bébese, hai música, cántase e
bailase. Moitas son as nosas festas gastronómicas: Festa do Queixo, Festa do Pan,
Festa da Pescada, Festa do Bonito, Festa do Percebe,…
As
festas son unha parte moi importante da nosa vida social e da relación co noso entorno
directo, coa nosa xente e os nosos recursos.
Celebramos o traballo conxunto, o traballo feito entre todos. Entón poñémonos
contentos e temos ganiñas de cantar e bailar. De desfrutar xuntos despois do
esforzo e o traballo.
As receitas xa as temos. Traballámolas o
curso pasado. Temos a comida. (Outono de recolleita antes do tempo frío) Este
curso preparamos a bebida (Setembro de
Vendima)
e toca o folclore: Música e danza. Baile.
( Podes consultar o noso boletín Como cho conto)
e toca o folclore: Música e danza. Baile.
Ademais o novo Proxecto Comenius que
comezamos este curso leva por título Shall
we dance? Bailamos? Pois…bailamos!
Bailamos, Santa Rita?
Bailamos! “Yes of course”
Que soen as gaitas, as pandeiretas,
bombo e tamboril, que nos arrancamos cunha Ronda de Muiñeiras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario