Unímonos e participamos das actividades propostas por Ponte nas Ondas para celebrar o Día Mundial da Radio. Coincideu coa celebración do Entroido e xustamente os nosos rapaces e rapazas prepararon o informativo de Entroido. A Radio Galdo poñéndose nas ondas!
Hai 30 anos, o 24 de febreiro de 1985, facendo coincidir co aniversario do nacemento de Rosalía, emitiuse o primeiro programa de RTGalicia.
Así que seguimos de celebración!
Enlace preparativos Día Mundial da Radio e 30 aniversario da Radio Galega
Hoxe, na Radio Galega, a nosa radio temos tres radios en unha!
RADIO GALEGA en directo!
Un programa do máis completo: informativos, axendas culturais, faladoiros, actualidade, entrevistas, noticias de tecnoloxía, ...
E sabiades que desde a páxina ata podemos elexir para escoitar aquel espazo ou aquela enquisa que nos gustou moito ou non puidemos escoitar na súa emisión en directo? Posibilidade de escoitar Á Carta, Hora a Hora ou procurando nos Podcast.
RG MÚSICA. Para escoitar moi boa música, do mundo mundial.
E...
SON DE GALICIA RADIO. Para coñecer sons e música galega. Escoitar xunto os Alalás, música moderna galega, pop, rock,...Letras que falan e contan de nós. Unha voa oportunidade para coñecer a Nosa Música!
PROXECTO RADIO GALEGA
O mesmo día 24 de febreiro de este ano, NA TARDE escoitamos a entrevista ao primeiro director da Radio Galega, Xosé Luís Blanco Campaña. Interesante ainda que tamén un reto, facer radio en galego.
A partir do minuto 35 deste enlace podemos escoitar ao señor Blanco contando como foron eses primeiros momentos indecisos e de proba e como o Proxecto ampliouse ata o que actualmente é.
Enlace para escoitar a entrevista Hora a Hora 17:00-18:00. 17: 35h.
Enlace programa A TARDE 24/02/2015 que inclúe a entrevista
Enlace programa A TARDE 24/02/2015 que inclúe a entrevista
Contaba Xosé Luis Blanco as dificultades que encontraron .
- Dificultades para facer unha radio en galego como Lingua Propia ( a primeira radio en galego) non tendo experiencia e habendo tanta diversidade lingüística naquel 1985. Os profesionais tiñan experiencia de radio pero en castelán. O propio director ainda que nado en Camariñas e moi comprometido coa terra ,viña da emigración, de Barcelona, de facer radio.
- Dificultades de apoio ou confianza no Proxecto. A Radio Galega era un soño de Fernández Albor, presidente de Galicia daquela. Empezouse de proba, con moi pouca xente e pouquísimos recursos. Problemas técnicos.Non se sabía como ía resultar este Proxecto. Ofertas a grandes persoeiros que dubidaban moi ao comezo deste proxecto. Hoxe esta dificultade non existe. Foi un grandísimo acerto!Orgullosos dunha Radio Autonómica Pública.
- Dificultades de cobertura. Non chegaba a todos os sitios. Había montes sen electricidade.Houbo que facer moitísimos esforzos para conseguir maior cobertura. Por exemplo, subir ao monte con tractores cargados de bidóns de gasoleo...
- Dificultade para encontrar música gravada en galego. Había pouquísima radio feita en galego para manter a premisa de que unha de cada tres pezas poidera ser en galego. Pois...senon a hai, faise. Pablo Barreiro puxo moito empeño, foi porta por porta dos músicos para que houbera música na nosa Lingua. Na radio tamén se gravou, as panxoliñas de nadal, non só con música pregravada e montando a letra senón tamén facendo música en directo. Tomamos nota...se non hai unha cousa necesaria, procuramos o xeito de facela".
En fin, os comezos dos Proxectos non son doados, aparecen dificultades, hai que pasar períodos de proba, xurden problemas técnicos e de outra índole. Hai momentos malos e días malos...de moito traxín... Pero cumplir un sono e facer un gran Proxecto do que sentirnos máis que orgullosos ...non ten prezo!. Haberá que emplear moitas forzas, enerxía e ilusións para que as cousas que nacen pequenas acaben sendo grandes cousas. Falamos da Radio Galega e tamén da nosa radio Radio Galdo que está comezando este ano.
Razóns para escoitar as nosas radios e sentirse moi orgullosos e orgullosas. Informarse, aprender, divertirse, saber o que acontece no teu entorno inmediato,..
Libros, contos, curtas de animación, curiosidades, novas tecnoloxías, axenda de festas e celebracións,... Coñecementos!
Agora podemos escoitar a radio onde queiramos e o que queiramos: á Carta, Hora a Hora, Podcast... Na casa, no coche, mentres camiñamos ou facemos deporte, mentres cociñamos...
Escoitamos as Nosas Radios para ir mellorando o noso Proxecto de Radio Galdo.
Como fan os que saben facer radio?
Que cousas boas podemos aplicar nós?
Que cousas boas podemos aplicar nós?
Escoitamos e fixámonos cómo se fai para facelo ben nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario