Imaxes pertencentes un traballo de documentación feito polo alumnado Patricia Roca, Mateo Rubal e Sergio Rojo
Para saber máis do tema, blog SON DE LINGUAXES,Ermiclase na etiqueta de Baile.
Queredes ver como foi a nosa posta en escena? Pois picando onde pon Ler máis podemos ver os videos e disfrutar dos bailes. Imos velo!
Comezaremos dende o Norte, coa Festa do San Fermín. Coidadiño co toroooo...
Os pequenos de INFANTIL! Viva o San Fermín!
Preto, sen ir moi lonxe no mapa, 1º curso..,. Aragón. A xota.Aragoneses e aragonesas márcanse unha alegre Xota.
Cara ao leste, a quenda é do 2º curso... Cataluña, que con moito arte ofrécenos unha fermosa Sardana. Atención!
Representando a Castela, A Festa do Pan, 3º curso. É para velo!
E...como non podía ser doutro xeito, desde a nosa terra Galicia,A Romería 4º curso coa Muiñeira de Chantada, logo do desfile soando A Alborada de Veiga interpretadas ambas por Carlos Nuñez. Ollo co repuludo gaiteiro que vai á cabeza do desfile!..
Logo do noso alalá , outra alegría, a alegría do sur...Andalucía. 5º curso deféndese coas Sevillanas. Será que Sevilla ten unha cor especial?
" Ozú, mi arma, que arte , que poderío que tiene su gente..."
Ademáis da cor e da súa xente...Andalucía asóciase á Semana Santa.
Ollo á especial coreografía dos Nazarenos de 6º.
Impresionante, verdade?
Moitísimo traballo desde a documentación, a preparación do material e a traballosa elaboración dos patróns e dos traxes , o desfile e as coreografías,as fotos, os videos... Fixo falta a colaboración de toda a Comunidade. Grazas a todos e a todas por facelo posible!
Xeniaaaal, é para quitarse o chapeu. Resumindo cada actuación.
ResponderEliminarInfantil: Gora infantil ¡¡¡
1º: Menudos Pilaricos
2º: Moltes gracies Morenetos
3º: Sorolla estaría orgullosísimo
4º: Feitiños, feitiños...non si?
5º: Ozú que arte¡¡¡
6º: Fermosos capirotes.