martes, 24 de febreiro de 2015

POESÍA DE ROSALÍA

Mergullámonos na poesía en galego de Rosalía de Castro para celebrar:

O Día da Lingua Materna (21 de febreiro)
Día de Rosalía (24 de febreiro)
Que sorte é ter unha língua propia e que sorte é ter quen a defenda!
A poesía, soa moito mellor en galego, na nosa Lingua.

Este mes de febreiro e tamén en marzo traballamos coa poesía en xeral e con Rosalía de xeito especial.

Doodle de Google para o día 24 de febreiro 2015, 178 aniversario Rosalia de Castro

Se pola celebración da Paz procurábamos poemas de paz, desta volta o alumnado de 1º,2º e 3º de Primaria, axudados polas súas familias procuraron e elixiron un poema de Rosalía de Castro sobre o que traballar. Reescribiron o poema e elaboraron unha ficha de datos.
Para que serán os poemas recollidos?

Os versos de Rosalía escritos da man dos nenos e nenas poderemos atopalos...pola aldea e pola vila, para que a Comunidade Educativa os coñeza e poida disfrutar do grande e fermoso legado da nosa Poeta.
Os mesmos versos e outros da mesma autora serán ilustrados polo alumnado de 4º, 5º e 6º. Deste xeito , xuntando o texto e a ilustración poderemos facer unha boa exposición no colexio e logo un libro de poemas de Rosalía para a Biblioteca, co que poder traballar noutras ocasións.

RECITAL. O alumnado prepárase para ler e  interpretar os poemas de Rosalía.
O mesmo día 24, Rosalía de Castro estará moi presente na música, e no recitado de poemas, pola mañá e tamén pola tarde.
O acto da mañá será logo do recreo, ás 12 do mediodía.
No acto de pola tarde, o alumnado de Infantil escoitará o recitado de alumnos e alumnas da Primaria, dos portadores e portadoras de versos.
Traballando a escoita como auditorio e o recitado de poemas como intérpretes.

Moitos son os recursos na rede para traballar sobre a vida e obra da autora: os seus poemas, unidades didácticas, LIMs de Rosalía, poemas musicados,recopilatorios de recursos e  propostas de actividades desde outros colexios.
No seguinte enlace podemos atopar suxestións, recursos e enlaces interesantes.

Enlace recursos CEIP P. Alexandre Bóveda. Chapela.

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...para todo o mundo mundial!

A nós encantounos o Adiós ríos, adiós fontes do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda Coruña, cos pictogramas de Arasaac e a música e voz de Amancio Prada.




e a versión en signos do alumnado do CEIP Santo Paio de Abaixo. Redondela.A música e a voz segue a ser a de Amancio Prada.




En ballet,do Ballet galego Rey de Viana!





Que os galegos e galegas non teñamos que despedirnos da nosa fermosa paisaxe e da nosa Terra!

A paisaxe. Verde Galicia e amarela Castela!

Enlace entrada do blog febreiro 2014

Vexamos como Infantil do CEIP Coirón de Dena se reparten os Cantares primeiros!




A que soa xenial nas bocas do alumnado máis pequeno?
Xenial idea a que tiveron os compañeiros e compañeiras pontevedreses para montar o video e poñerlle os subtítulos.
Parabéns á tropa de Dena!

A Nosa Aperta Rosaliana non tardará moito en amosarse nunha nova entrada! Coincidimos na escolla da imaxe de Rosalía do ReiZentolo e en preferir como protagonistas aos máis pequenos. Non temos videos desta volta porque quixemos darlle prioridade ao audio e ao recital e lectura en directo.
Estamos traballando para poder amosarvos como nos organizamos para traballar a poesía e Rosalía.
Radio Galdo está cocendo un programa especial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario