Diciamos nunha entrada anterior que xuntamos celebracións: Rosalía e a nosa Lingua . Poesía.
O tema da Poesía vai a estar moi presente os meses de febreiro e marzo.
Rosalía colorida polo alumnado de Infantil
Para axudar aos primeiros cursos a procurar nos libros e na rede e ter en conta a autoría, propuxemos ás familias a recollida dun poema ou fragmento de poema de Rosalía para ser escrito da man dos rapaces e rapazas de 1º,2º e 3º. Xunto co poema aparecería unha ficha de datos onde cubrir a procedencia dese poema, o libro: Cantares Gallegos, Follas Novas, ou poemas soltos e a data de publicación.
Grazas as familias pola participación!
De toda a recollida fíxose unha escolla daqueles poemas máis significativos, ben traballados e ben escritos, para ser publicados. Algúns dos poemas e fragmentos desta primeira escolla foron seleccionados para ser recitados ao alumnado de infantil.
Algún dos poemas de 1º curso
ILUSTRANDO POEMAS. 4º, 5º E 6º serán os encargados de ilustrar poemas. Nas datas nas que escribiu Rosalía non eran habituais as ilustracións. Hoxe, dispoñemos de moitas ferramentas e recursos para plasmar o tema do poema de xeito visual. Queremos facer un libro ilustrado de poemas de Rosalía para a nosa Biblioteca! Misturando os poemas reescritos xunto á imaxe que completa significados.
O ano pasado xa comezaron coa tarefa ilustrativa o alumnado de 5º curso que agora está en 6º. O 5º curso actual ten pendente o traballo de ilustración, xa repartido cadanseu poema a traballar. A 4º curso tócalle tomar apuntamentos, xa que eles tamén se iniciarán na ilustración de poemas.
RECITAL DA MAÑÁ!
Para ter as ideas máis claras a proxectar nos seus bocetos ilustrativos, 5º curso traballou a expresión oral do poema a ilustrar. Celebramos un Acto Homenaxe a Rosalía 4º, 5º e 6º. Poemas de Cantares e Follas Novas preparados.
Puidemos escoitar a Sara Fernández arrancar co "Has de Cantar...".
Seguiu Olga Cortizas "Así mo pediron..."
A mestra Ermi "Cantar, hei, Galicia". Andrea "Unha vez tiven un cravo..." Izan e a mestra Ermi, conversa entre unha rapariga e unha vella ben sabida. "Un repoludo gaiteiro" de Marcos. A modo de regueifa Pablo e Sara González. A ese "Non che digo nada....pero vaia!" apuntouse tamén unha estrofa Alejandra de sexto. Tamén de 6º Clara Martínez, "Tal como as nubes..." e Xosé Ramallal cun dos poemas adicados á emigración: "Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas..." Pra Habana!

Algunhas das imaxes gravando para a Radio

RECITAL PARA A XENTE MENUDA!
A mesma tarde do 24 de febreiro fixéronse tres grupos mixtos de alumnos de 1º, 2º e 3º para repartirse nas 3 aulas de infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario