domingo, 22 de marzo de 2015

UXÍA SENLLE E FRAN PEREZ NARF EN VIVEIRO!

Dos arrolos ás baladas...
BALADAS DA GALIZA IMAXINARIA.
Colectivo Pensamento e Sementeira coa colaboración do Concello de Viveiro.
A cita é no Teatro Pastor Díaz , o venres 27 de marzo, ás 20:30h



Concerto de formato intimista. "Baladas da Galicia imaxinaria" Todas as cancións levan unha historia detrás relacionada cunha viaxe, cun encontro e cunha experiencia vivida a través da música.

A palabra cantada na voz destes pedazo artistas do panorama actual galego, por tan só 5 euros. Non te perdas o valiosísimo concerto.

Para saber máis, deste concerto e doutras actividades culturais en Viveiro, consulta o blog do Colectivo Pensamento e Sementeira!

Enlace ao blog Pensamento e Sementeira

luns, 16 de marzo de 2015

NON HAI BERCE COMA O COLO!

Novo  libro-disco para a Biblioteca do noso cole! Desde que saíu, en decembro do 2014 xa tiñamos gana del!





Dende Viveiro a Domaio, pasando por Ribeira de Piquín. 15 pezas de arrolos tradicionais.
Un proxecto de MAGOIA BODEGA  e PAULO NOGUEIRA, coas coloridas ilustracións de MARIONA CABASSA. Para a editorial Kalandraka.
Nesta maxestuosa recollida de cantigas de berce, atopamos...

9. Berce de Viveiro.
10. Berce do Pedro Chosco.

 E...como se fixo...




Estas cancións de berce...que non se perdan!
Acercan xeracións. Que non se diga que non hai quen as cante!
Que non se diga que non hai quen as escoite!

 CANCIONEIRO DE BERCE E CANCIONEIRO DE XOGO.

Se 1º, 2º e 3º cursos procuraron e traballaron entre versos e poemas de Rosalía de Castro, facemos unha petición especial para 4º curso, o grupo máis numeroso.
Trátase de que recollan unha cantiga  de berce e unha cantiga para acompañar os xogos.
A actividade comeza na procura, investigación e documentación.
Logo, reescritura moi clariña. Atreveríamonos a ilustrala? Facemos un boceto!

Atención, alumnado de 4º curso. Imos facer un cancioneiro, de berce e de xogo, adicado á xente menuda. Precisamos da vosa inestimable axuda.
Grazas por colaborar e por manter vivos os nosos cancioneiros!
As primeiras palabras cantadas na Nosa Lingua.Con tenrura e moito amor!


xoves, 5 de marzo de 2015

OS BAILES DO ENTROIDO. DE FOLCLORE

A nosa especial Mostra Folclórica Rexional! Lembrando ao pintor Joaquín Sorolla no encargo da Visión de España e agradecendo ao Ballet Nacional de España , quen levou a escena o colorido do pintor no espectáculo que leva o seu nome Espectáculo Sorolla, dirixido por Antonio Najarro.


Imaxes pertencentes un traballo de documentación feito polo alumnado Patricia Roca, Mateo Rubal e Sergio Rojo

Para saber máis do tema, blog SON DE LINGUAXES,Ermiclase na etiqueta de Baile.


Nós fixemos a nosa propia visión e quixemos reflexar un pouco a diversidade do folclore español.
Queredes ver como foi a nosa posta en escena? Pois picando onde pon Ler máis podemos ver os videos e disfrutar dos bailes. Imos velo!

martes, 3 de marzo de 2015

VERSOS DE ROSALÍA

Diciamos nunha entrada anterior que xuntamos celebracións:  Rosalía e a nosa Lingua . Poesía.
O tema da Poesía vai a estar moi presente os meses de febreiro e marzo.

Rosalía colorida polo alumnado de Infantil

Para axudar aos primeiros cursos a procurar nos libros e na rede e ter en conta a autoría, propuxemos ás familias  a recollida dun poema ou fragmento de poema de Rosalía para ser escrito da man dos rapaces e rapazas de 1º,2º e 3º. Xunto co poema aparecería unha ficha de datos onde cubrir a procedencia dese poema, o libro: Cantares Gallegos, Follas Novas, ou poemas soltos e a data de publicación.

Grazas as familias pola participación!


domingo, 1 de marzo de 2015

ESCOITA ... AS RADIOS!

 O día 13 de febreiro celebramos o  Día Mundial da Radio.

Unímonos e participamos das actividades propostas por Ponte nas Ondas para celebrar o Día Mundial da Radio. Coincideu coa celebración do Entroido e xustamente os nosos rapaces e rapazas prepararon o informativo de Entroido. A Radio Galdo poñéndose nas ondas!


Para facer boa radio...necesitamos escoitar moita radio, escoitar aos profesionais que fan radio desde anos.