Xuntamos de
xeito simbólico unha grande festa galega
como é o Entroido con unha
importante festa local, Mostra folclórica.
Se o curso
pasado fixemos unha Mostra Folclórica Internacional coas culturas implicadas no
centro, a proposta deste ano é facer unha Mostra
folclórica Rexional.
Lembramos que
a temática do Proxecto Comenius , tanto o curso pasado coma este é o baile. Nós
representamos a España e tamén a Galicia.
Por iso
argallamos desta volta...un Meco sobre
danza que nos vestiu ao longo da semana previa de celebración con elementos
dos distintos tipos de danza (moderna, folclórica e clásica).
Inspirados e axudados polo Ballet Nacional de España e o seu espectáculo Sorolla, xuntamos o Arte co folclore.
En 1911 a
Hispanic Society de Nueva York encarga ao pintor español Joaquín Sorolla 14
grandes lenzos para a súa Biblioteca. O pintor Sorolla recorreu toda España
retratando costumes e festas. Visión de España.
O Ballet
Nacional de España inspírase neste traballo de Sorolla para plasmalo no
escenario.
Nós quixemos
rendir homenaxe ao Ballet Nacional de España, que nos axudou a documentarnos e
entón tamén ao pintor Joaquín Sorolla y Bastida.
Folclore de
España.
E. Infantil-
representan a navarros e vascos. San
Fermín.
1ºEP- Aragón. A
xota.
2ºEP-
Cataluña. A sardana.
3ºEP-Castela.
A festa do Pan
4ºEP- Galicia.
A Romería.
5ºEP-
Andalucía. O Baile. Flamenco.
6ºEP-
Andalucía. Os Nazarenos.
A Grande Festa
inclúe:
- Preparación de
todos e de cada un dos traxes. Deseño
e e máis elaboración coidadosa con bolsas de plástico, telas, Ironfix,
Goma Eva e...moita creatividade logo de documentarse ben.
- Preparación do
Desfile, parodiando ao Desfile das
Nacións, que ten lugar en Agosto, en Viveiro, previo á Mostra folclórica.
E tamén emulando ao Ballet de España
(“Siente el vestuario”).Tanto
traballo posto na elaboración dos traxes que merecen ser lucidos
preparando a posta en escena.
Fotografía para completar
o seguimento do Espectáculo Sorolla
(“Bailando a Sorolla”) Photo call.
- Baile. Actuación
de cada un dos grupos. Representando a
cultura da súa zona e o seu baile.
En
Comunidade, en conxunto preténdese chegar á conclusión de que non hai un baile
ou unha cultura mellor ca outra. Todas son formas de ser e de pertencer a
España en Europa.
Aprendemos moito traballando deste xeito, sobre temáticas, sobre folclore, festas e diversidade cultural dentro dun mesmo país. Xuntando currículo, celebracións e aprendizaxe.
REFERENCIAS e axuda para a documentación:
Espectáculo Sorolla, inspirado na colección
"Visión de España" do pintor Joaquín Sorolla, encargo
da Hispanic Society de New York no ano 1911.
Logo do gran éxito do
Espectáculo e o chamativo vestiario xurdiron novas propostas...¡SIENTE EL VESTUARIO! Desfile do chamativo vestiario que fusiona os traxes rexionais, coa danza e coas coloridas pinceladas que marcan o estilo do pintor Joaquín Sorolla.
BAILANDO A SOROLLA. Trátase de Fotografía artística do fotógrafo David Palacín. Os bailaríns posando. A Exposición das fotografías...no Museo Sorolla.
Bos días, elexir o tema das nosas festas sempre é un acerto. Divulgar a nosa cultura e o noso folclore. Noraboa polo traballo previo de documentación, é impresionante e moi laborioso. Moitas grazas por amosalo.
ResponderEliminarMoito traballo pero tamén moito aprendizaxe! Todos e todas facemos falta para que quede algo tan xeitoso. Grazas ás familias pola axuda para completar o Proxecto. Seguiremos aprendendo, de festa en festa!
Eliminar