O venres 20 de decembro tivemos...un Festival do Nadal do máis especial!
Grazas a todos e todas por facer posible este conxunto de actuacións espectaculares!
Foi no propio colexio, nun escenario reciclado e aproveitado, demostrando unha vez máis que con pouco pódese facer algo chulo. As enerxías desta volta estiveron dirixidas a preparar o Espectáculo.
Tamén se puxo moito empeño nos ornamentos de gala do corredor: sofisticadísimas e variadas estrelas, bailarinas, bonecos de mazapán,...Moita creatividade a dúas cores: vermella e prateada.
Comezaron os máis pequenos, o conxunto de Infantil, que cantaron "DALLE A VOLTA AO BOMBO!" Moi apropiado, eles mesmos representan a ilusión e a alegría, coma se se tratara da lotería! Cantaron e contaron...
DALLE A VOLTA AO BOMBO...
UNHA E UNHA E UNHA...
ESTE NADAL TODOS XUNTOS
CON FORTUNA!!
DALLE A VOLTA AO BOMBO...
DOUS E DOUS E DOUS...
QUE ESTE ANO NOVO TRAIA PAZ E AMOR!!
DALLE A VOLTA AO BOMBO...
TRES E TRES E TRES...
UVAS E TURRÓNS...
QUEREMOS COMEEEEER!!!
DALLE A VOLTA AO BOMBO...
CATRO E CATRO E CATRO...
POR SE TRAEN REGALOS, DEIXO OS ZAPATOSS!!!
DALLE A VOLTA AO BOMBO...
CINCO E CINCO E CINCO...
AGORA TODOS XUNTOS PEGAMOS UN BRINCO!
A segunda actuación deu moito que preparar. Un ballet e un espectáculo moi propio do Nadal. O alumnado de 2º, que o ano pasado se atreveu a presentar o argumento do ballet de O Lago dos Cisnes, cando ainda estaban arrancando a ler...Pois este ano, representaron O QUEBRANOCES, O ballet de Tchaicosky. Para iso estuveron traballando moito e...fixéronno xenial.
A primeira parte consistía na presentación do argumento. Había uns narradores que ían contando e uns actores e actrices representando o que se ía lendo.
O texto podíase seguir en pantalla. Presentación co resume e coas súas propias ilustracións!
Se a primeira parte gustou, ollo coa segunda parte: o ballet. Xoves bailaríns e bailarinas de 2º curso de Primaria, coas súas mallas e cos seus Tutús, danzando ao ritmo da música de Peter Tchaicosky!
Non hai Nadal para os nenos e nenas sen agasallos. What do you want for Xmas? era o título da simpática actuación do alumnado de 4º curso.
Co pixama e as zapatillas, cantando en inglés e acompañando con xestos!
Logo, apareceu O Apalpador, personaxe singular...alumnado de 3º (ver entrada anterior)
E...outro símbolo do Nadal: a árbore.
Mentres teñamos ao alumnado de Primeiro...non haberá abeto baleiro, sen adornar!
Do seu libro de música Galinova 1º, esta canción que lles axudou moito a repasar o vocabulario dos adornos do Nadal.
O ABETO ESTÁ BALEIRO
O abeto está baleiro
sempre antes do Nadal.
Hoxe en clase todos xuntos,
imos telo que adornar.
Atención, atención,
preparade as grilandas.
Atención, atención,
as cintiñas prateadas.
Preparados listos xa,
O Nadal vai comezar.
O abeto está baleiro
sempre antes do Nadal.
Hoxe en clase todos xuntos,
imos telo que adornar.
Atención, atención,
colocade a estreliña.
Atención, atención,
e mil luces acendidas.
Preparados listos xa,
O Nadal vai comezar.
E...non nos esquecemos que estamos na casa de Santa Claus. Outra actuación en inglés, sobre os sons que saen do Obradoiro de Santa Claus: The sounds of Santa's Workshop.
Os protagonistas, o alumnado de 5º, de camiseta verde e mallas, ananos axudantes do Santa Claus.
Como se nota que traballaron moi duro a coreografía. Juan, concentrado!
E...apareceu ...Galdiño! Tremenda fofucha da nosa mascota da Biblioteca, feita pola mestra Ana Blanco fiel ao deseño do alumno Roque Basanta.
Galdiño veu para quedarse e axudarnos, traballando na nosa biblioteca.
Pola tarde, cambiamos de escenario. Necesitábamos amplitude.
Un espectáculo moi completo... 6º pon a música, os instrumentos:piano, flautas,... e a voz de Alejandra.
Corpo de baile de 5º e 4º: Izan, Sara Fernández, Olga , Eva, Ana Ben,Diana,Sara Díaz e Lucía.
Entre bastidores, preparándose...
A canción... Wings, Birdy versión Rebeca!
A actuación, espectacular!
Artistazos, non si?
Parabéns a todos os artistas por estas fermosas actuacións. Grazas por amosar os traballos dos nosos peques.
ResponderEliminarFeliz Ano para toda a comunidade do noso cole.