sábado, 3 de xaneiro de 2015

O NOSO APALPADOR

Dicíamos nunha entrada anterior que algo estaban a preparar sobre O Apalpador os nenos e nenas de 3º curso coa axuda da súa mestra Ana Blanco e tamén de Marcial, o mestre de Música.

Xa había moito que tiñan moi claro que querían rendirlle tributo ao Apalpador no festival do Nadal. O ano pasado xa o mencionaran na súa panxoliña de Nadal.

Este ano quixeron centrarse na figura do Apalpador... Buscaron un texto para poder levar a escea, un poema, unha canción...

En principio pareceulles un pouco dificil a proposta de Paco Nogueiras, no Brinca Vai! Así que...procuraron outra alternativa, chamaron a outra porta...


O texto e a canción de Pablo Díaz neste libro-disco dáballes moito máis xogo para recitar, representar, cantar e contaxiarnos a todos da pegadiza melodía...

..."O Apalpadoor...personaxe singulaaar..."

A actuación foi moi exitosa, gustou moitísimo! Tiñamos un Apalpador moi ben caracterizado e metido no papel. Queredes velo?

En escea, cada un deles e delas recitaba unha estrofa e  todos cantaban...


 "Dende o alto das montañas...." comezou Claudia..


 O Apalpador non tarda en aparecer...




 E...as barrigas apalpar, que é o del!






 Preparádevos neniñ@s,
que aí vos ven o Apalpador,...



  Velaquí o Noso Apalpador Alberto!



Mentres recuperamos o vídeo e o subimos á rede... deixamos o texto para que podades seguilo e cantalo desde as vosas casas!

O libro témolo na nosa Biblioteca!

Imaxe atopada no blog da ilustradora Nuria Díaz, baixo licencia CC


O APALPADOR

Dende o alto das montañas,
das montañas do Courel,
vén baixando cunha boina,
longa barba leva el.

O xigante Apalpador
traballa de carboeiro,
cando chega o Nadal
todo o mundo quere velo.

O Apalpador,
personaxe singular,
anda a visitar as casas,
e as barrigas apalpar.

Preparádevos neniñ@s,
que aí vos vén o Apalpador,
tede as barrigas cheas,
e durmide, por favor.

Vai vir o Apalpador,
vai traervos as castañas,
deixaravos unha presa,
pretiño das vosas camas.

O Apalpador,
personaxe singular,
anda a visitar as casas,
e as barrigas apalpar.

O xigante Apalpador
tamén é o pandigueiro,
polas montañas de Trives
aparece moi festeiro.

Alí tamén é querido,
fai visita o vinte e catro,
este home carboeiro
cargadiño co seu saco.

O Apalpador,
personaxe singular,
anda a visitar as casas,
e as barrigas apalpar.


Texto de Pablo Díaz, libro TOC TOC.
 Sonárbore. Editorial Galaxia.
 Ilustracións de Nuria Díaz


Ningún comentario:

Publicar un comentario