O Grupo Editorial COMO CHO CONTO formado este ano por alumnado axudado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pide disculpas polo retraso que leva nas publicacións prometidas.
Alumnado de 5º e 6º Abalar e recente incorporación de alumnado de 4º curso (os novos "abalares" no curso vindeiro). Eles e elas, os protagonistas de dar as novas, de informarse e informar á poboación...
Radio e prensa escrita!
Este terceiro trimestre foi moi sobrecargado de traballos e proxectos varios para todos, alumnado e profesorado. O alumnado de 6º moi nervioso pensando na súa marcha e no Festival de Fin de Curso, ateigados de traballos para Comenius :bailes, gravacións... As saídas, preparar o Acto de Graduación,...
5º e 4º tamén notaron a presión, ademáis das clases, dos exames, tiveron que preparar as súas achegas para As Letras, GaldoNatura e Horto, Proxecto Terra, Actuacións para o Festival,...
O profesorado...non daba atopado momento de correxir o material que ía chegando...e tamén con moitas historias entre máns... Por iso a cousa retrasouse máis do previsto!
Non importa! Trátase do primeiro ano desta experiencia con xornalistas tan novos...imos amodo e aprendendo sobre seguro!
Este Grupo Editorial comezou o curso facendo Radio e traballando sobre guións, entrevistas, cuñas publicitarias,... Radio Galdo! Traballando pola e para a Escoita. Podcast de recitado especial Rosalía, teatro lido para radio sobre libros da biblioteca ou contos, curiosidades e celebracións... Gustoulles moito e colléronlle gusto a gravarse!
A tarefa complícase cando se trata da escrita para publicar, xuntando imaxe e texto para informar. Non lles resultou doado pero esforzáronse moitísimo para facelo ben e ir mellorndo os seus escritos.
As súas primeiras experiencias como xornalistas! Como xornalistas en Galego! Escribindo para este blog! Documentándose, narrando, elexindo as imaxes precisas,..
O Equipo de Dinamización da Língua logo das correcións pertinentes e revisións de todo o material feito e entregado, xa está a facer todo o posible para ir publicando neste blog todo ese traballo.
Sabemos que vos gustará! De novo disculpas e...ata a próxima publicación do xove Grupo Editorial Como cho conto!
Equipo de Dinamización da Lingua
Ningún comentario:
Publicar un comentario