martes, 14 de xullo de 2015

GRANDE ÚLTIMO ENCERRO...SAN FERMÍN 2015

Hoxe, 7 + 7 de xullo é noticia o oitavo e último dos encerros San Fermín 2015. Na capital de Navarra, en Pamplona!

"A San Fermín pedimos, por ser nuestro patrón
que en este encierro nos dé su bendición.
¡Viva San Fermín!"

Berro, chupinazo e a correr co Miura polas rúas de Pamplona...


Tamén é noticia neste día que noutras zonas de España protestan porque non queren touros. Por exemplo, o novo alcalde da cidade da Coruña anulou a corrida de touros programada na cidade para o mes de Agosto.

No CEIP Plurilíngüe Santa Rita, en Galdo adiantámonos xa no Entroido a o Noso peculiar  San Fermín 2015.

Indumentaria sinxela, roupa branca que trouxeron da casa (Grazas familias!) e faixa e pano vermello feito con bolsa de plástico. Para unha tropa menuda: Infantil .


Preparados para o encerro?!
Xornais envoltos na man... A falta do patrón Santo Fermín ...temos a Martín de 5 anos. Dende o alto berra para os corredores que axitan os xornais.
Viva o San Fermín!




A mestra Luisa convertiuse nun fermoso touro de Miura disposto a embestir...


Non houbo cornadas...pero case...

O encerro foi no Ximnasio. As lombeiras facían a función das defensas ou valados de madeira que poñen en Pamplona polas datas do San Fermín.




Que ben se caracterizaron! Metéronse de cheo no papel.
 Estudaron a letra da canción que acompañou ao encerro:

Uno de enero, dos de febrero, tres de marzo, cuatro de abril....

Un de xaneiro, dous de febreiro, tres de marzo, catro de abril...




Por que Infantil San Fermín?

Dentro do noso Proxecto de Entoido temático de Mostra folclórica rexional inspirada no Espectáculo Sorolla do Ballet Nacional de España, ...a mellor opción para Infantil era un traxe sinxelo de elaborar e ao mesmo tempo algo moi vistoso no que a xente menuda poidese participar.



luns, 6 de xullo de 2015

MANUEL MARÍA NAS LETRAS 2016!

Unha das novas que saía en prensa e en televisión este fin de semana foi que o presidente da Real Academia Galega RAG ,Xesús Alonso Montero ,anunciou que o homenaxeado das Letras Galegas 2016 será o poeta lucense da Terra Chá...MANUEL MARÍA.

Para nós...unha alegría! Pois...gústanos a súa poesía!
Ademáis, a Real Academia de Galdo considera esta figura idonea para traballar no eido escolar polo seu grande valor didáctico . Ideal para traballar coa xente menuda!

Temos moitos recursos e o respaldo da Fundación que leva o seu nome

Ligazón á Fundación Manuel María


Un clásico da nosa literatura infantil... OS SOÑOS NA GAIOLA. (1ª edición no 1968) Existe o libro disco, proxecto de Suso Vaamonde 2006 a partir dos poemas.
Poemas que falan....do noso e da nosa!




O primeiro poema leva por título GALIZA e di así:

GALIZA

Galiza docemente 
está ollando ao mar;
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai 
velliña, soñadora
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento.
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e máis a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!


mércores, 24 de xuño de 2015

RAG. REAL ACADEMIA GALEGA VERSUS REAL ACADEMIA DE GALDO.

As siglas RAG poden corresponderse a Real Academia Galega ou...Real Academia de Galdo!

Todos os anos, cando se acerca a festividade das Letras, o noso alumnado investiga e documéntase sobre a Real Academia Galega...Quen son? Que fan?...

A síntese á que chegan é algo así como...un grupo de xente moi sabida, moi estudosa, que decide a quen se lle adica cada ano As Letras Galegas...

Os maiores do cole, artistas dos paneis informativos, non acaban de entender como é a elección da persona homenaxeada cada ano. Para un maior entendemento, e a modo de humorística representación...creamos no nos cole a nosa propia RAG: Real Academia de Galdo!


Esta institución, sen ánimo de lucro, ten claro a quen lle adicaría AS LETRAS 2070... a Paco Luis Rodríguez Guerreiro, o que foi profesor titor  dos grupos que agora van en 5º e 6º curso. Recoñecen o seu esforzo pola defensa pola Lingua e a Cultura Galega e lembran a súa diversa obra: poesías sobre as árboles e a ciencia, O Rap da Fariña, Teatro : As avoas eran ben boas, A Princesa do Courel que perdeu o anel, Os cegos e a vaca,... E miles de argalladas varias, todas elas en relación coa defensa da Lingua e a Cultura Galega.


Para nós é un orgullo que Paco Luis fora mestre no noso cole. Agora pasou a mellor vida, á vida de xubilado! El sempre dixo: "Tárdame xubilarme posto que teño moitas cousas que facer!" E así foi... O mestre de escola Paco Luis é a día de hoxe  o presidente do Colectivo Pensamento e Sementeira. O mesmo colectivo que trae moitas actividades culturais a Viveiro: concertos de cantantes galegos de renome, cine e audiovisual galego coa oportunidade de falar e coñecer aos protagonistas,...

Grazas, mestre Paco Luis, polo teu legado!
Por que Letras Galegas 2070? Pois...porque esperamos unha longa vida para Paco Luis e...posto que hai que esperar mínimo 10 anos do seu falecemento para ser homenaxeado nas Letras Galegas...a conta sae no 2070, por exemplo!

Pode que a elección do homenaxeado sea polémica ou haxa xente que non lle guste a figura homenaxeada... Nunca chove a gusto de todos! Sirva de exemplo a proposta da RAG para As Letras 2015.
Unhas boas propostas  que existen e que están máis que xustificadas para As Letras 2016: Manuel María ou Filomena Dato...


A Real Academia de Galdo apoia a proposta do Concello de Bergondo para adicarlle a Filomena Dato as Letras Galegas 2016!

EDITORIAL COMO CHO CONTO!

Queridas familias e Comunidade Educativa:

O Grupo Editorial COMO CHO CONTO formado este ano por alumnado axudado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pide disculpas polo retraso que leva nas publicacións prometidas.
Alumnado de 5º e 6º Abalar e recente incorporación de alumnado de 4º curso  (os novos "abalares" no curso vindeiro). Eles e elas, os protagonistas de dar as novas, de informarse e informar á poboación...
Radio e prensa escrita!

Este terceiro trimestre foi moi sobrecargado de traballos e proxectos varios para todos, alumnado e profesorado. O alumnado de 6º moi nervioso pensando na súa marcha e no Festival de Fin de Curso, ateigados de traballos para Comenius :bailes, gravacións... As saídas, preparar o Acto de Graduación,...
5º e 4º tamén notaron a presión, ademáis das clases, dos exames, tiveron que preparar as súas achegas para As Letras, GaldoNatura e Horto, Proxecto Terra, Actuacións para o Festival,...
O profesorado...non daba atopado  momento de correxir o material que ía chegando...e tamén con moitas historias entre máns... Por iso a cousa retrasouse máis do previsto!
Non importa! Trátase do primeiro ano desta experiencia con xornalistas tan novos...imos amodo e aprendendo sobre seguro!

Este Grupo Editorial comezou o curso facendo Radio e traballando sobre guións, entrevistas, cuñas publicitarias,... Radio Galdo! Traballando pola e para a Escoita. Podcast de recitado especial Rosalía, teatro lido para radio sobre libros da biblioteca ou contos, curiosidades e celebracións... Gustoulles moito e colléronlle gusto a gravarse!

A tarefa complícase cando se trata da escrita para publicar, xuntando imaxe e texto para informar. Non lles resultou doado pero esforzáronse moitísimo para facelo ben e ir mellorndo os seus escritos.

As súas primeiras experiencias como xornalistas! Como xornalistas en Galego! Escribindo para este blog! Documentándose, narrando, elexindo as imaxes precisas,..

O Equipo de Dinamización da Língua logo das correcións pertinentes e  revisións de todo o material feito e entregado, xa está a facer todo o posible para ir publicando neste blog todo ese traballo.

Sabemos que vos gustará! De novo disculpas e...ata a próxima publicación do xove Grupo Editorial Como cho conto!

Equipo de Dinamización da Lingua

venres, 5 de xuño de 2015

OLLOBOI. "MARUXA " GALARDONADA!

AUDIOVISUAL GALEGO  escolar, non profesional , desde 2010.


Video promo OLLOBOI 2015

Ligazón á prensa praza.gal  



Ligazón ao blog. OLLOBOI

Ligazón OLLOBOI 2015.Listaxe de gañadores




Noraboa aos nosos compañeiros do CEIP Coirón de Dena, Pontevedra!Fixeron unha moi boa curta baseada no libro de Eva Mejuto, sobre a igualdade. Coa música da archicoñecida canción de Juanes, "Tengo la camisa negraaa..." pero... o que ten Pepiño é unha fame negraaa porque Maruxa se puxo en folga e non lle ten o pan.



Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

 Alegrámonos moitísimo do galardón ben merecido! O máis visto e votado! Ata a propia Eva Mejuto quedou marabillada, así o expresa no seu comentario.
Noraboa ao alumnado de  do CEIP Coirón especialmente ao alumnado protagonista de 4º, e a eses artistazos de mestres! Artífice Rafa e velliñas Cuca e Eva, que fan o seu cameo no video!

Ca de traballiño que hai detrás de una curta!

O Festival do Olloboi pon de manifesto todo ese traballiño e tamén a increíble creatividade e arte que hai nos coles.

Cando remataremos nós a nosa curta? Imos ter que pedir axuda aos expertos de Coirón de Dena!



luns, 27 de abril de 2015

FERIAS E FESTAS DE PRIMAVERA

Lembrades O Martisor , a grande festa rumana? E o baile ... Alunelul?

Enlace á entrada do ano pasado. 1 DE MARZO.MARTISOR

Enlace á entrada OBRADOIRO DOS TRAXES

Enlace ENTROIDO DE FOLCLORE 2014.

A semana pasada, o alumnado do actual 6º curso de Primaria (o ano pasado 5º curso) voltou a vestir os seus espectaculares traxes folclóricos de bolsa de plástico para gravar o baile rumano, dentro dunha actividade do Proxecto Comenius Shall we dance?

A mestra Maria Pernas adornou un pouco o escenario coas cores propias do Martisor: vermello de sangue e enerxía e blanco de pureza. Flores blancas e vermellas ao lado da bandeira rumana.

Logo da Gravación, a mesma María Pernas batallou co sotware de edición de video para facer a montaxe.

Velaí como quedou o video!





Espectacular,non si?

Pois...aproveitamos as mesmas flores para introducir a próxima entrada...dentro do obradoiro de traxes e a Mostra Folclórica Rexional, deste ano.

FEIRA DE ABRIL. ANDALUCÍA!

Alegría e Primavera. Enerxía!

xoves, 9 de abril de 2015

DIA, SEMANA E MES DE ABRIL. CO ARTE QUERERÁS...ATOPARTE!



Desde este venres 10 até o 30 de Abril.
Onde? No CENIMA , en Foz
Exposición colectiva de artistas da nosa Comarca. 
Temática: A Mariña

Horario de visitas:
 De luns a venres , pola mañá de 10:00 a 14:00h
 e pola tarde de 19:00- 21:00h
 Sábado pola mañá de 19:00-21:00

Desde A Mariña, artistas e centros educativos vimos celebrando a boa calidade do arte que hai en Galicia. Arte e artistas galegos. A iniciativa comezou hai xa tres anos no CEIP de Cervo e extendeuse a moitos dos centros da zona. Participan uns 40 artistas moi diversos da Mariña. Eles visitan os colexios, acercan a maxia da arte aos máis pequenos con obradoiros e actividades. Logo fan unha Exposición colectiva na que participa cada artista con unha ou varias obras plásticas: pintura, escultura, fotografía,...para plasmar e comunicar sentimentos e significados.

Haberá que acercarse e visitar a Exposición. Ainda que se programe algunha visita desde os colexios, as familias poden disfrutar da Exposición no momento que mellor cadre, pois o horario é bastante amplio,non si?



Artistas e mestres presentan o cartaz anunciador da Exposición, na Fábrica de c de Sargadelos.

Imaxe do xornal La Voz de Galicia 08/04/2015.