luns, 15 de decembro de 2014

AGASALLO.EU

QUE AGASALLAR POLO NADAL?
Agasalla cultura, Cultura Galega!


enlace á paxina AGASALLO.EU

Libros, Música, Tecnoloxía, Xogos,...

Ás veces temos dúbidas ou non sabemos que agasallar. Pois,..ante a dúbida...un libro, e un libro en galego. Nunca se ten suficientes libros!

Por que en galego?
Ademáis de ser o galego a nosa Língua, trátase de coñecer non só a lingua, senon a nosa cultura, o noso entorno próximo, o noso patrimonio!

Necesitamos escoitar e  ler en galego, adquirir competencia na nosa Lingua, coñecer vocabulario e estructuras de Linguaxe. Competencia para logo manexar os contidos escolares. (Non só Lingua Galega, Sociais, Naturais,e ata as outras Linguas).



NADAL, AGASALLOS E APALPADOR!

Xa está chegando o Nadal á Rúa e ás casas.
No colexio temos ornamentación a dúas cores: vermello e prata!
Corredores e aulas moi ornamentadas. Da gusto velas! Imaxinación e creatividade están detrás das complexas estrelas, bailarinas, bonecos de mazapán que colgan e adornan.

Xa nos preparamos para un festival cheo de panxoliñas, actuacións teatrais e coreografías en inglés.

Unha das figuras destacadas do Nadal, o noso ...Apalpador.
Quen é o Apalpador?

Vexamos como o contan o CEIP de Coirón, Dena, cos que nos hemanamos nas Apertas Visuais.
Velaí un video conto elaborado por eles...




O Apalpador vive nas Devesas  do Courel. É un home xigante. Antes era carboneiro. Apaña madeira. No outono aproveita para recoller castañas.
O vello carboeiro, de barbas vermellas, no inverno séntase a carón da lareira e tala figuriñas e xoguetes coa súa navalla.
O 31 de decembro, cando os nenos e nenas de Galicia dormen, o Apalpador baixa da montaña, apalpa as barrigas dos nenos e nenas para comprobar se están ben mantidos.Deixalles un puñado de castañas na mesiña de noite e agocha pola casa algún agasallo. Poida que sexa algún dos xoguetes dos que tala coa súa navalla.

Completísima U.D feita por compañeiros e compañeiras do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo.
Para traballar e profundizar algo máis sobre esta figura e outras análogas.

O APALPADOR.UD.pdf

E que nos di Paco Nogueiras no Brinca vai?





Algo están preparando o alumnado de 3º sobre O Apalpador. Poida que apareza o venres 20 no noso colexio, no Festival de Nadal!

OUTONO DE RECOLLIDA E DE FESTAS

Setembro, Outubro e Novembro...non paramos entre recolleitas e Festas.
En Setembro, a uva e a vendima como protagonistas.
En Outubro, preparámonos para celebrar o Samaín.
En Novembro...o Magosto, a Festa da Castaña.

Este ano, fixemos traballo antes, durante e despois das festas.
Investigamos sobre a orixe do Samaín e estudamos as semellanzas e diferencias Samaín e Halloween.
Recollimos castañas en Magazos, nos castiñeiros de Puri e celebramos o Magosto con uns artísticos gorros e recipientes. Xogos populares. Comics, libros, historias, refráns e búsqueda de información sobre a castaña, tan importante na nosa sociedade galega.

Ademáis da saída a buscar castañas, tamén saímos a apañar cogumelos no monte do Sixto, acompañados do micólogo José Juan.

Ademáis de saídas , tivemos moitas visitas interesantes.
Destacar a visita de Anxo, de ADEGa, Asociación de Ecoloxistas de Galicia.
Moita aprendizaxe! Dentro e fóra das aulas!

Así pasamos o Outono e lle imos dando a Benvida ao Inverno!

domingo, 2 de novembro de 2014

RADIO GALDO, PARA ESCOITAR...




A idea de radio parte dunha iniciativa conxunta entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

             O Grupo Editorial

Son rapaces e rapazas de 6º curso, os que dan comezo a este Proxecto.
Dirixindo o estudo de gravación ...o mestre de música e titor de 6º, o noso Marcial Miramontes.

Radio Galdo pretende ser unha ferramenta de traballo estable onde poidan participar todos os rapaces e rapazas (preparando guións, entrevistas, relatos, noticias...) Deste xeito, a través dunha actividade divertida estaremos a traballar un montón de competencias e áreas distintas. As familias tamén terán unha participación activa na realización dos podcast, colaborando con contos, entrevistas...!

Os podcast dos distintos programas serán colgados nun apartado especial dentro da páxina do noso cole. Intentaremos manter os podcast actualizados e cumprir cos prazos de entrega que, en principio serán cada tres semanas!

Xa levamos...dous programas e medio!

luns, 2 de xuño de 2014

SEMANAS DA ARTE EN GALICIA. ARTISTAS DA MARIÑA

H. XEADA NO NOSO COLEXIO!


Isto é o que aparecía no facebook do propio Hipólito Xeada logo da Visita ao noso colexio.

 A VISITA
O recibimento foi no ximnasio. Nas paredes puxemos os traballos dos distintos ciclos, adornados con versos e textos. Poñendo palabras as imaxes.
Un neno ou nena de cada nivel, axudados por Ana( a mediadora de Juan) prepararon cada a súa pregunta en Linguaxe de Señas.
Chegou o artista! O lenzo preparado. Utilizou o seu propio cabalete e as súas pinturas. Veu acompañado de dúas intérpretes. Non sabía que nós tamén estábamos preparados...

Primeiro explicou un pouco da súa historia, desde neno. Os seus estudos en Santiago e en Lugo. Logo contestou con moito cariño ás preguntas que os nenos e nenas tiñan preparadas.

Pintou en directo e foi explicando o proceso e algún truco para un bo acabado.






Intercambiamos Rosalías. Unha vez máis el agasallounos coa Imaxe e nós agasallámola cunha Rosalía que le poesía, unha figura de cerámica Otero Regal, de Viveiro. Unha figura cun libro nas mans. O libro ten grabado os primeiros versos do Adiós ríos, Adiós fontes!




Unhas palabras de agradecemento e grande recoñecemento como artista e un aplauso colectivo de todo o centro:
GRAZAS, XEADA!



Desde Xaneiro estivemos preparando a visita de H. Xeada. Descubrindo unha GALICIA EN IMAXES: a súa xente, as súas romerías, escenas de traballo de mar e terra, monumentos coñecidos, até a Nosa Praza Maior e os Claustros de San Francisco. (cadros cedidos polo Casino de Viveiro).
Toda a Comunidade a documentarse e a descubrir ao artista a través da súa obra.
Presentamos a H. Xeada nas clases.




Repartimos o traballo. O alumnado de Infantil fixo un grande gaiteiro de tempera e marco de papeliños de cores, máis gaiteiros pequenos traballados con ceras de cores.


 





O Primeiro ciclo centrouse nas fermosas Romerías que retrata H.Xeada. O alumnado de 1º curso, axudado da súa mestra Montse aportaron unhas extraordinarias siluetas de cartón emulando os gaiteiros de Xeada.

O alumnado de 2º argallou un conto "Os gaiteiros en Naseiro".




O 2º ciclo centrouse nas escenas de traballo. O tema do mar e as mulleres.

 Probaron a buscar títulos e a poñer palabras ás imaxes.


Hugo Casas escribiu unha historia sobre a descarga do Naveiro I cando chega ao Porto de Celeiro, cargado de xardas e de xurelos...

O 3º ciclo centrouse no cadro dos avós, tanto desde o punto de vista artístico (simetrías, cores, trazo...)

como para contar cadros.



Unha vez máis relacionamos e fusionamos a Imaxe de Xeada e as Palabra de Rosalía, e todo encaixa: desde O Repoludo gaiteiro e as romerías ao nosos maiores, Compadre desde que un vai vello...

AS NOSAS LETRAS 2014. POETA DÍAZ CASTRO





Pois...enlazamos a Nosa Rosalía feita por Xeada coas Letras e o Poeta Díaz Castro. Logo de documentarnos, cada ciclo traballou sobre o Poeta.

Infantil púxolle cara a Xosé María.  Traballaron a psicomotricidade fina, rasgando o papeis de xornal, pegando e facendo boliñas...




luns, 12 de maio de 2014

POETA DÍAZ CASTRO. PREPARANDO A FESTA DAS LETRAS 2014

Concurso de Cartel anunciador das Letras Galegas 2014.
Os traballos foron expostos no recuncho azul da Biblioteca.
Tendo en conta as bases escritas, o alumnado de 4º curso misturou imaxe e texto para elaborar os seus carteis.
Ao xurado formado por mestres pertencentes a o Equipo de Dinamización e ao Equipo de Biblioteca gustáronlle moito os traballos realizados, ben sexa por:

  •  axustarse ás bases,
  •  ideas orixinais,
  •  polo debuxo a lapis, 
  •  ou pola arte de misturar  texto e imaxes.

 O xurado decidiu que o cartel que anuncie as nosas Letras 2014 debe ser o feito por Olga Cortiñas,
 de 4º curso.


Noraboa polo galardón!
 Letras Galegas formadas de letras galegas de prensa, a cara do homenaxeado ben visible e situada,bo contraste figura-fondo e unhas das "letras" das máis lidas e recitadas do Poeta "Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"


Algúns traballos dos que máis  gustaron:



O retrato a lapis do poeta e da súa obra Nimbos, máis a idea de lembrar a súa poesía incluíndo títulos de algúns dos poemas como "Esmeralda" ou "O berro das pedras".



Grazas, Izan Fra polo teu trazo e o teu esforzo!


A idea de Bruno Pereira de facer un reflexo-espello coa imaxe do Poeta e a colocación e cor do texto...






O cartel dixital de Andrea, coa ferida da beleza e o corazón partido...




Bo traballo, rapaces e rapazas! Grazas pola vosa participación e polo voso esforzo.

Seguimos traballando sobre o Poeta Díaz Castro, sobre a súa vida, época e obra. Documentámonos, consultamos materiais na rede, materiais multimedia, audiovisuais, e outros.

Ainda que é fácil encontrar moitos materiais, aquí deixamos unha escolla clasificada para que a consulta sexa máis doada e máis eficaz.

SEMINARIO GALÁN: biografía e materiais clasificado por ciclos, dende E. I ata o 3º ciclo.
EdiLIMs tamén por ciclos.


Biografía de Díaz Castro. Seminario Galán.
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/bioDiazCastro.pdf

Díptico. Seminario Galán
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/diptico_DiazCastro.pdf


Materiais EI .Seminario Galán
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/EducacionInfantil_DiazCastro.pdf


Materiais 1º ciclo EP.Seminario Galán
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/1CicloPrimaria_DiazCastro.pdf


Materiais 2º ciclo EP. Seminario Galán
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/2CicloPrimaria_DiazCastro.pdf


Materiais 3º ciclo EP. Seminario Galán
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/3CicloPrimaria_DiazCastro.pdf 



Prezzi da alumna María José Martinez Paz,2º de Bacharelato IES de Curtis.
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com.es/2014/04/xose-maria-diaz-castro.html
 


Díaz Castro. A beleza feriume para sempre. Páxina monográfica da vida e obra do poeta Xosé María Díaz Castro. Xunta de Galicia.  O home, Fotobiografía, A súa obra, Xermolos.
http://www.poetadiazcastro.com/



AUDIOVISUAL

Trailer cortiño do CPI Dos Dices. Rois. A Coruña
https://www.youtube.com/watch?v=CHThn1ijNfQ&list=UUCMczPOHPRC1REuRmYPN7Og
 

Telexornal. CPI Dos Dices. Rois. A Coruña
https://www.youtube.com/watch?v=JUdnBPTcLrg&list=UUCMczPOHPRC1REuRmYPN7Og 


A lus do mundo. Un poeta nace ou faise? Documental. Pasen y Vean
http://www.youtube.com/watch?v=ij_so2elqsw

Esa lus, canción
para Díaz Castro
http://www.youtube.com/watch?v=pB_CqdDIbgU

Desde Galicia para el mundo. Díaz Castro. IES Poeta Díaz Castro
http://www.youtube.com/watch?v=vFDvtOo9JRE

O instante eterno, Xosé Antón Cascudo:
http://www.youtube.com/watch?v=r3wAkEOKAPY&feature=youtu.be

Documental Díaz Castro. Política Linguística.
http://www.youtube.com/watch?v=xHHlkByQXe8

Diaz Castro. Galicia Dixital.
http://www.youtube.com/watch?v=n3S-MXhB6QE


IES POETA DÍAZ CASTRO. GUITIRÍZ.

Biblioteca Díaz Castro. Esa lus, canción
http://biblodiazcastro.blogspot.com.es/2014/04/esa-lus.html

A lus do mundo.Un poeta nace ou faise? Documental
http://www.youtube.com/watch?v=ij_so2elqsw&feature=youtu.be

A lus do mundo na RAG. Explica a directora do IES Díaz Castro.
http://www.youtube.com/watch?v=-lFGrlienoY&feature=youtu.be

Karaoke Díaz Castro. “A noite é”. Pasen y vean.
http://www.youtube.com/watch?v=iHElQSBQ1eI&feature=youtu.be


domingo, 20 de abril de 2014

NOVAS ACTIVIDADES E NOVAS APRENDIZAXES

Despois destos días de descanso das aulas máis vale que veñamos coas baterías ben cargadas para enfrentarnos a novas e interesantes aventuras nas que nos embarcamos en Galdo.
Algúns, como Antonio o conserxe e os mestres, combinaron descanso con traballo para preparar as novas actividades que se nos presentarán á volta. Uns preparando novos rincóns e escenarios, tratando de actualizar os blogs e rematar de maquetar o Boletín de novas Como cho conto! nº5, outros redactando guións e organizando próximos eventos, preparando os materiais necesarios, ocupándose das tecnoloxías, preparando as clases,..

Pois, este domingo de Resurrección...xa podemos adiantar algunhas novas actividades...

O  3º ciclo ten moito traballo co tremendo esforzo de documentación Audiovisual para preparar o Telexornal e outras sorpresas, estará investigando a fondo sobre vida e obra d o Poeta Díaz Castro...Así que...

Atención o 2º ciclo!


O martes 22, o día de volta das vacacións primaverais, os vosos titores repartiran unhas bases escritas sobre a actividade a realizar por cada grupo. É importante que prestedes moita atención, leades ben e faguedes un bo traballo, con tempo e esforzo.

4º CURSO. Cartaz Anunciador das Letras Galegas 2014. Atentos ás bases sobre o tipo de formato, o texto e obra plástica que debe incluir... E "mans á obra"! O prazo remata o mércores día 30 de Abril!

3º CURSO. A vista dos meus ollos. As nosas paisaxes. Moi atentos ás bases explicativas para facer un bo traballo de documentación, escrito e logo de exposición oral. Vós tedes máis tempo para documentarse ben pero ide planificando para empezar as Exposicións orais en Maio. Queremos ter tempo para aprender de todas e de cada unha das vosas vistas.

Calma, lede ben as bases. Se tedes dúbidas preguntade, e....veña, que hai moito que investigar e aprender.

Infantil e o 1º ciclo tamén teñen traballo, sobre festas


Temos uns días de descanso das aulas  moi valiosos do 1 ao 5 de Maio. Esperamos ter ben maquetado o Boletín de novas COMO CHO CONTO! nº5. Xaneiro-Marzo. A idea e que podades disfrutar con tranquilidade vendo, lendo e comentando en familia. Os contidos, algúns xa coñacidos e comentados nos diferentes blogs: Homenaxe ao artista H.Xeada, Día da Paz, Homenaxe a Rosalía de Castro, outras celebracións e Actos, certames, premios, presenza na prensa e...fotos comentadas que foron chegando á Editorial. Tede paciencia, se tardamos en publicar é porque o queremos facer as cousas ben, con calma e introducindo melloras cada vez. 

Seguimos traballando, Familias! Ainda temos algunha que outra sorpresa máis...Non o imos contar todo, verdade?


SEMANA SANTA. DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL.


Outra festividade importante sobre a que é preciso documentarse. Un ano coa denominación de Interese Turístico Internacional e desde 1988 Interese Turístico Nacional.


Pero a Semana Santa de Viveiro é importante dende moitos anos atrás. Como se orixinaría? Por que se empregan imáxenes tan antigas? Por que é tan importante a Imaxinería?Por que sería denominada de Interese Turístico? Por que?

Para encontrar respostas,consultar libro de actos, ollar carteis antigos dende 1946 e outras curiosidades, ver fotos e o xenial video promocional das Cofradías con vistas aéreas da zona, para saber máis, podedes visitar directamente a páxina




Dentro da Semana Santa de Viveiro, está moi ben considerada dende hai moitos anos a Semana Santa de Galdo.



Moita xente veu ou oiu falar do Encontro de Galdo, con imaxes articuladas como as de  Viveiro.


Os días de Semana Santa Viveiro énchese de xente procedente de lugares moi distintos. Non só xente devota  para acudir aos actos relixiosos, senon que hai moitos atractivos. Unha axenda repleta de actos culturais e o reclamo das Procesións onde participa todo o pobo,a rica imaxinería e o redobre de tambores recorrendo as rúas do fermoso e emblemático Casco Histórico.

A xente do lugar acode ao compromiso de participación e os visitantes ou turistas veñen encantados para disfrutar do Entorno, das Procesións, da oferta gastronómica e cultural que ofrece a zona.

Pois é preciso darse conta do afortunadas que somos as persoas de Viveiro. A zona ten mar, campo e río, ten historia milenaria...ten de todo! Que lle pregunten aos mestres polacos que estuveron coñecendo a zona e marcharon marabillados! Ou...preguntémoslle a Lisa e a Katie,ou aos familiares de fóra que tivemos como invitados estes días. Á xente do lugar tamén nos gusta re-encontrarnos coa riqueza que temos.

Devotos ou non gustamos das procesións e da participación conxunta. Tanto é así que non queremos que acabe a festividade da Semana Santa. Os nenos e nenas de Viveiro teñen a súa "Semana Santa dos Nenos", xa de volta das vacacións.

Coas Imaxes-pasos en miniatura, dende a "Burriquita" á Ultima Cea, serios levadores, tambores, ata autoridades e mantillas.

Fagamos un repaso rápido da "pequena" Semana Santa 2013, porque hai caras moi coñecidas...




Terá algo que ver Dolo en todo esto? 


Orde! Que o pequeno Concello e os seus servizos tamén son importantes.


Están os tambores preparados? Pois, adiante...

















Descanso para logo continuar...



Hai quen cambia o traxe e desempeña distintos papeis...





Os levadores da Última Cena , o paso máis pesado de todas as Imaxes...


Marcando o paso, serios...


Mantillas?!...




As Procesións empezan e acaban con tambores despois dos longos itinerarios


Está claro que en Galdo hai expertos en Semana Santa...

Estas só son algunhas imaxes. Os protagonistas poderán contarnos moito sobre o tema, verdade? Explicar, Informar, contar... Estamos desexando saber e volver a vervos na "pequena" e Semana Santa 2014.

Grazas á Xunta de Cofradías e a todas as persoas que fan posible momentos tan bos como estos, á Organización e aos que sacan as fotos e nos deixan usalas.
Reforzando o concepto de Comunidade e dando sentido á participación conxunta.

Máis fotos e máis datos na páxina antes sinalada.

Enlace directo ás fotos: 

http://www.semanasantaviveiro.com/index.php/fotos/nenos

Sabemos que moitos e moitas de vós estades cos preparativos. Todo o proceso serviravos para documentarvos mellor e facer un bo traballo. Esperamos os vosos escritos!
Esmerádevos para que os vosos traballos podan publicarse. Escribide e pedide axuda aos vosos mestres, pero escribide!

Semana Santa de Viveiro
Semana Santa de Galdo
Semana Santa dos Nenos


Outra preguntiña  para acadar unha boa nota en Investigación... Terá algunha relación a Semana Santa co artista mariñano H.Xeada?


Claustro de San Francisco


Praza Maior


3º Premio Concurso de Cartaz Semana Santa Viveiro 2010, Hipólito Xeada Pena.

Como relacionas todo isto? A por nota pequenos e pequenas investigadores...