xoves, 17 de abril de 2014

ENTROIDO, FESTA IMPORTANTE EN ITALIA

Lisa, ademáis de axudarnos moito cos disfraces e o baile dos rapaces, explicounos que o Entroido é unha festa  moi importante no seu país, Italia.

Lisa preparou unha traballosa presentación dando a conocer os Entroidos mais famosos de Italia: o  de Venecia (Veneto),o de Viareggio (Toscana) e o de Ivrea (Piemonte).

En Venecia, comezase co vo da Columbina e o desfile de maxestuosos disfraces.


Algúns dos disfraces son personaxes de teatro italiano do século XVI no que os actores e as actrices actuaban improvisando, sen guión.



  • Arlequín- criado ignorante pero pícaro.
  • Columbina- criada e amante de Arlequín.
  • Pantalón- mercader vello e avarento.
  • Polichinela- personaxe que ten moitos problemas pero que sempre leva o sorriso posto.


En Viareggio, son famosos "os carros alegóricos", con caricaturas de personaxes famosos da política, da televisión...feitos en papel maché. Arte e creatividade.


En Ivrea, é coñecida a "Battaglia delle arance" (A Loita das Laranxas), unha loita acontecida no pasado entre o pobo e o exército. Segundo a lenda, nesta cidade vivía un Marqués moi malo que un día raptou a unha criada. Ela, para vingarse, matouno. Por este feito comezou a loita. As persoas que están na rúa representan ao pobo e as que están no carro ao exército. As laranxas representan as frechas. Mentres, polas rúas da cidade desfila a criada nun carro de ouro considerada unha heroína. Pois, ao matar ao Marqués, liberou a cidade da súa maldade. 



Logo de contarnos os entroidos máis coñecidos a nivel internacional, Lisa explicou oentroido da súa terra, Sicilia. 
Saponara, é unha vila pequena (4.000 habitantes) na provincia de Messina, en Sicilia.
Como celebran o entroido en Saponara? Pois, a tradición tamén se remite a un feito real do pasado. Segundo a lenda, hai moito tempo, no baixo monte apareceu un oso xigante e feroz, que comía o gando, asustaba aos labregos e a todo o pobo. Entón, o Príncipe de Saponara mandou aos seus cazadores cazar o oso. O Príncipe e toda a corte Principesca participou na captura do oso. Cazaron ao oso e levárono polas rúas da vila.
 O carnaval da vila representa este feito. Comezo coa captura do oso nos montes (home disfrazado do oso), logo baixan á praza da vila onde se fai a representación do Príncipe e da Corte. Bailase un vals e logo chegan os cazadores co oso e o pobo (representado polo grupo folclórico de Saponara). Empeza o desfile polas rúas e o oso métese no rol de asustar á xente.
Mentras, faise outro desfile de disfraces artesanais, feitos á man. O día remata cun baile de reconciliación entre o Príncipe e o oso. Logo premianse os mellores disfraces artesanais (categorías individuais e de grupo). Tamén se fai un sorteo de friames e pequenos electrodomésticos.




Nalgunhas rexións do norte de Italia, para rematar a festa de Entroido, tamén se queima un boneco de palla e trapos. A fogueira simboliza a pasaxe de inverno a primaveira.
Entón, tamén hai Meco en Italia!?



Pois comparando celebracións, encontramos moitas similitudes. Non só a representación nun boneco de palla que se queima.(O Meco) No Entroido de Galicia tamén hai tres lugares onde o Entroido é máis famoso: Laza, Verín e Xinzo, en Ourense. Tamén temos personaxes do Entroido galego : Peliqueiros, Cigarróns e Pantallas
Sáese á rúa e  fanse desfiles. Se non se lanzan laranxas, lánzase fariña ou formigas,.. Fanse alegorías, represéntanse e ridiculízase a personaxes famosos da política ou da televisión. Permítese facer cousas que noutras é pocas non é posible. Teatro, Arte e creatividade. Disfraces artesanais, desfile, música, baile e premios.

E que dicir das Sobremesas?

En Italia ,os doces tipicos comparten base e ingredientes moi parecidos ás nosas sobremesas  filloas, orellas e demáis. Vexamos a pinta que teñen os doces italianios de Entroido.


  • Chiacciere. tiras de fariña fritida e cubertas de azúcre. Tamén poden ser cubertas de chocolate.
  • Panzerotti. Masa fritida rechea de crema, chocolate, marmelada ou requeixo.
  • Pignolata. Doce glaseado típico de Messina que pode ser de limón ou de chocolate.

Mmmm...ñam e ñam! Que pinta tan boa! Doces ricos dende Italia. 
Tamén doce e de Sicilia, Italia é a nosa Lisa...


Grazas Lisa polo teu traballo! Contigo aprendemos moito comparando as nosas festas e as nosas culturas!
Documentámonos, comparamos, relacionamos informacións e aprendemos xuntos.

No primeiro trimestre, aprendíamos con Katie e a importante festa americana "Día de Acción de Gracias". Agora aprendemos con Lisa sobre os famosos Entroidos Italianos. Imos de festa en festa, aprendendo.

 Lisa e a Katie gustan das nosas festas e do noso Entroido con cocidos e sobremesas. Di Katie: " Gústame toda a comida de Entroido, é moi rica ainda que moi pesada. Menos mal que é unha vez ao ano! Carnes, grelos e garabanzos. Non temos pratos así en EEUU, así que gustaríame levar as receitas para alá. As sobremesas son riquísimas. Cada ano gústame probar un pouco de todo. As miñas sobremesas preferidas son as Orellas e as Filloas".



A americana Katie e a italiana Lisa a soas coas sobremesas de Entroido que fixeron as nosas familias.
Non é raro que logo tiveran que botar algunha peza para baixar tanto doce!

O Entroido e as festas unen culturas, non vos parece?



luns, 31 de marzo de 2014

ENTROIDO DE FOLCLORE

Ainda que a cita oficial de celebración foi o 28 de febreiro, este Entroido foise preparando as semanas anteriores. Documentación e búsqueda de información, obradoiro de disfraces con moita arte e creatividade para convertir as bolsas de plástico en verdadeiros traxes tradicionais, axuda das familias para completar os disfraces e para disfrutar dunhas ricas sobremesas.
O Meco, señor do Entroido, foinos dirixindo dende o luns ata o venres de Entroido. Por iso o 24 de febreiro, no Contacontos e no Recital homenaxe a Rosalía, todos e todas lucíamos sombreiro.
Ensaio dos bailes e retoques dos elaborados disfraces:tiras, pompóns, e florituras varias.

A mañá do 28 de febreiro foi transformándose logo do recreo. Infantil recibiu a visita do canario Piolín que veu atraido polos sombreiros e traxes floreados de Infantil. 
Dúas das Festas de sona no noso Concello de Viveiro, e tamén de tradición galega foron representadas neste Entroido.

OS  MAIOS
Os pequenos e pequenas de E. Infantil lembráronnos esta festa galega tan alegre que celebramos en Maio na nosa Comunidade. Ataviados con roupas e adornados sombreiros de flores e follas, trouxeron moita cor e moita alegría.







Estuveron moi atentos a todo o que ocurría e foron os primeiros en desfilar e mostrarnos a súa festa.


MOSTRA FOLCLÓRICA INTERNACIONAL.

Cada primeiro domingo de agosto, na Plaza Maior de Viveiro, celébrase, desde hai moitos anos, a Mostra Folclórica Internacional. Veñen moitos países de todo o mundo a mostrarnos algo da súa cultura e do seu folclore: o seu baile e os seus traxes rexionais. Neses días de Mostra compartimos culturas e comprobamos que o baile e o folclore existe en todas as culturas do mundo.

Desde o noso colexio plurilíngüe e pluricultural tamén quixemos homenaxear esta celebración intercultural pensando nas culturas e países  implicados este curso escolar, os socios Comenius do Proxecto Shall we dance? e os países de Katie (EE.UU) e de Lisa (Italia).

Os Maios de Infantil representaban Galicia.
O alumnado de 1º de EP , dende a capital de España, marcáronse un chotis espectacular. Logradísimos disfraces e impresionante posta en escena. Que chulaapos!Nin que sairan da Festa do San Isidro!














Logo de escoitar e ver bailar coa música da capital, cruzámos o Océano Atlántico para ir a campo americano. Vaia, este día houbo baixas entre o alumnado de segundo para facer unha representación americana, da zona da Pradera. Sara Kate e os Sherif  bailaron a ritmo de countrie.








O grupo de 3º EP, Italia, ainda que vestidos como gondoleros venecianos, ensaiaron toda a semana axudados e dirixidos por Lisa para facer un baile popular Siciliano, de exaltación ao traballo do campo, á xente labrega. Tamén bailaron as mestras Conchita e Cristina.











 Quenda de 4º de EP. Francia. Elegantes e vistosos traxes para bailar un animoso Can-Can con final espectacular de piruetas das nenas de cuarto. Parella de mestres que daba gusto ver: Luís e Rebeca.
















5º EP. Romanía.   Traxe tradicional con base branca, sombreiro e calzado negro. Bonitos bordados floreados con rotulador permanente sobre bolsa de plástico. Moi logrado o traxe e moi ben documentado.
Como baile, un baile de roda, segunindo o libro, CD e DVD De roda en roda.
O mestre Marcial e a mestra Ermi , os responsables desta roda viva de romaneses e romanesas!

















6º curso EP. Polonia. Tamén traballaron moi concienzudamente nas bolsas de plástico para engadir pompóns, plumas e toda unha serie de detalliños. 
A mestra Maria Pernas e o mestre Pepe dirixiron o traballo de documentación e elaboración do traxe rexional polaco.

A posta en escena tamén foi espectacular e houbo que ampliar o espazo para esta animosa polonesa.




               












Grazas ao esforzo de coordinación de todo o profesorado para levar a cabo esta festa coordinada. Cada un puxo da súa parte para que todo saira ben: documentacións, músicas e bailes, traxes e outras xestións.
Grazas á nosa cabeza artística!...


Con esta alegría e con este baile rematou a Mostra folclórica posto que xa era hora do xantar.
Pola tarde, xa nos agardaba... outra festa, de comiolada.

Grazas familias polas ricas sobremesas!






Unha vez máis disfrutamos todos xuntos da festa e do baile. Cada grupo aportando a súa parte para o ben conxunto. Moito traballo, iso sí pero con moito sentido e moita aprendizaxe conxunta e en Comunidade.
Oportunidades para aprender, de festa en festa. A nosa e as nosas festas! 

Entre bailes e culturas, disfrutando...