sábado, 18 de xaneiro de 2014

DE FESTA EN FESTA. COMO CHO CONTO !

Ola, Familia! A nosa andanza, este curso, comezou en setembro, despois do verán e despois do Naseiro. O primeiro trimestre estivemos moi ocupados “de festa en festa”. Preparamos e celebramos as nosas festas de Outono.  Empezamos pola vendima, a recollida da uva para preparar o viño e o mosto. En Outubro un Samaín de medo, de meigas e meigallos. Pasamos da festa das cabazas ainda nas nosas cabezas…a preparar una boa festa coa castaña como protagonista, un Magosto moi ao noso estilo, dende a recollida das castañas nos castiñeiros de Puri ata a celebración dunha tarde de verdadeiro folclore: degustación, baile e xogos populares. No Nadal, festival! Outra festa! Vestimos o cole de gala e preparamos as actuacións, as nosas panxoliñas, a nosa Cantata de Nadal, os nosos contos. Así nos despedíamos o día 20 de decembro, con un Festival moi especial.


COMO CHO CONTO!


No noso boletín de novas podedes facer seguimento dese recorrido festivo de outono. Xuntamos as nosas  festas propias con outras festas e tradicións que tamén celebramos no colexio: Halloween, Thanksgiving Day…








O curso pasado Katie presentaba unha importante festa no seu pais de orixe. Thanksgiving Day ou Día de Acción de Grazas.

Este curso aproveitouse esta celebración para recordar o que sabían desta festa, aprender da súa lenda e tradición,  traballar  vocabulario e expresión oral en Lingua extranxeira,..



        
e que nos serviron para comparar e descubrir semellanzas e diferenzas, para saber máis investigando a orixe e a historia das festas.

 Algunhas  conclusións:

·        A necesidade de festa e de dar grazas polos alimentos que da a terra existe en todas as culturas.

·        Necesitamos á xente reunida compartindo o momento, bebida, comida, música e danza. Sociedade, gastronomía e folclore.

·        As festas requiren e abranguen una preparación previa, a propia celebración e o despois, a reflexión e comentarios de como foi.

·        Existen festas que se repiten todos os anos. É interesante coñecer como se fixo a festa outros anos para introducir melloras, comprender cambios e descubrir o noso propio estilo. As nosas festas!

·        Nas festas de comunidade participamos todos dende os nosos pequenos grupos de referencia-identidade para xuntarse e sumarse  nun grande grupo comunitario. Traducido no noso micromundo do cole…Son festas do colexio! O grande grupo somos todas as persoas do colexio. Na festa xúntanse as aportacións e participación de cada Ciclo e de cada área. O grupo de referencia-identidade é o grupo Aula e o Ciclo.


Como nos gustan as actividades de Centro e de Ciclo, como nos gustan as festas! Pois conectan coa nosa realidade diaria, coas nosas emocións e sentimentos, coas nosas emocións!
Aprendemos nas festas!
Aprendemos das festas!
Aprendemos coas festas!

Pois nas festas hai Matemáticas, Coñecemento do Medio, Linguas (Galega, Española e Extranxeira), Artística, Música, Educación Física, Relixión e Atención Educativa. Están todas as materias incluidas!
Para preparar boas festas necesitamos documentarnos na BIBLIOTECA, buscar datos e información nos libros, enciclopedias, na rede…Lemos e  aprendemos a manexar información, aprendemos novo vocabulario, perfeccionamos a nosa ortografía e gramática. En definitiva, APRENDEMOS co engadido da alegría  de festa e folclore!


Por iso propoñemos seguir aprendendo… e seguir en Romaría, de festa en festa. Convidamos a participar nas nosas festas e nas nosas aprendizaxes a todas as familias, a quen queira! Xa dixemos que os ingredientes para una boa festa didáctica son xente reunida con ganas de participar da festa e da aprendizaxe en Comunidade.

domingo, 5 de maio de 2013

MAIO, MES DAS FLORES E TAMÉN DAS LETRAS

Os Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do noso centro propuxemos un concurso para a elaboración dun cartel anunciador das Letras Galegas 2013. Tratábase de atender a unhas bases escritas para facer un  bosquexo inicial e un bo traballo final.



Houbo moi boa participación do alumnado do 4º curso de EP. Gustaron moito tres carteis que curiosamente reflexaban a mesma idea en estilos diferentes.  ROBERTO VIDAL BOLAÑO no centro do escenario teatral , co seu sombreiro e a súa nariz de pallaso. Cumpliron coas bases e podemos ver os bos resultados!






Grazas a todos e todas polos vosos carteis! Noraboa aos finalistas e á gañadora do concurso, Cristina González.

 Xa comezamos ca elaboración de actividades arredor do homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Tomando como referencia a recopilación de actividades en liña que se propón dende o SEMINARIO GALÁN, LIMs feitos dende distintos coles, o Telexornal do CEIP de Rois,...e outros, documentámonos e iniciamos a NOSA rolda de traballo coas actividades programadas por ciclos.

E.I , os pequenos do cole, encárganse de facer un mural collage onde podan practicar as tarefas propias desta etapa: picar, recortar, pintura de dedos,...
O 1º ciclo de E.P atrévese a facer un comic biográfico de ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
O 2º e o 3º ciclo de EP están a  elaborar unha exposición con paneis informativos sobre a obra do autor homenaxeado.
Pois, a traballar o mes de Maio, mes Das Letras!



domingo, 14 de abril de 2013

COUSAS DAS LÍNGUAS, COUSAS DE IDIOMAS

Unha lingua, como é a  Nosa, abarca moito máis que as propias palabras que se din.  É preciso buscar significados na viñeta global.A Imaxe da escena,a situación, o ton co que se fala... e os nosos xogos de palabras!

venres, 12 de abril de 2013

A NOSA ...

A  nosa  paisaxe,
a nosa  gastronomía,
a nosa  língua,

en definitiva,...a  NOSA CULTURA!
Somos galegos e galegas!

Neste blogue poderemos  atopar cousiñas que teñen que ver coa nosa cultura e coa nosa língua. Onde vivimos é importante. A comunidade á que pertencemos danos identidade.

Os libros de texto... están feitos para atender xeneralidades. Logo somos nós quen adaptamos, dende o noso colexio, a nosa Comunidade Educativa e a nosa contorna.

Neste recuncho queremos compartir a nosa forma de traballar para coñecer e dar a coñecer a NOSA IDENTIDADE.

Dende o CEIP PLURILÍNGÜE SANTA RITA de Galdo, fermoso val  pertencente ao Concello de Viveiro, dende este colexio rural galego abrimos  portas para coñecer e aprender.

Benvida á NOSA  CASA!

A proxima entrada....ata a NOSA   COCIÑA!