martes, 14 de marzo de 2017
mércores, 1 de marzo de 2017
SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose unha actividade para a celebrar a "Semana do Amor e da Amizade". A actividade consistía en realizar unha mensaxe de amor, alegría, amizade... sen un destinatario concreto, e depositalas no "recanto do amor".
A finais de semana cada un podía recoller unha mensaxe positiva!


martes, 17 de xaneiro de 2017
CABAZAS NO SAMAÍN
Cantas cabazas fixeron os nenos de Galdo no Samaín!! Foi impresionante e marabilloso ver como moitos nenos coa axuda de pais ou avós prepararon a súa cabaza para expoñer no colexio. Gatiños, tartarugas, minions, pantasmas, bruxas, vampiros, diaños... as cabazas transformáronse en multitude de personaxes. Pintadas, decoradas, baleiras, con luces, con sons... o noso conserxe Antonio estaba rodeado delas!!Aquí tedes unha mostra da nosa exposición.

mércores, 11 de xaneiro de 2017
martes, 6 de decembro de 2016
MAGOSTO
Como todos os anos, este curso tamén celebramos o magosto no colexio. Para a celebración, fixemos unha saída para recoller as castañas dos castiñeiros e realizamos na clase un adorno para a cabeza e unha cesta para as castañas.
Con todo isto xa estabamos preparados para o Magosto 2016!
Ese día realizamos xogos populares e degustamos castañas asadas!
Ese día realizamos xogos populares e degustamos castañas asadas!
DÍA DO PEÓN!
Co gaio do Día do Peón, realizamos unha exposición de peóns na estrada do colexio. Nela o alumnado podía colocar o seu peón e, ademáis, podíase escribir un refrán no mural que acompañaba a exposición.
Tamén se convocou o certame "Decora o teu peón", no que, o peón máis orixinal e mellor decorado levará un premio!
luns, 3 de outubro de 2016
POR FIN ESTAMOS DE VOLTA!!
POR FIN ESTAMOS DE VOLTA!!! Que gañas tiñamos de volver a publicar cousiñas neste blog e poder compartir con pais, nais, avós, avoas, tíos... os traballos que nenos e mestres estamos a facer no colexio ao longo do curso. Xa comezamos o segundo trimestre e xa fixemos un montón de actividades desde setembro: recollimos froitos, elaboramos receitas, celebramos o Samaín e o Magosto, fixemos exposicións de cabazas e peóns, fixemos o festival de Nadal... e agora xa estamos a preparar actividades para o Entroido. Así que estade atentos porque nos próximos días publicaremos fotos e vídeos de todo o realizado, así que non deixedes de visitarnos.
ESPERÁMOSVOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)