venres, 3 de abril de 2015

OS NAZARENOS. PASO A PASO

O grupo elexido para representar a Os Nazarenos non foi outro que 6º curso. Por que sexto? Pois...por moitas razóns:
Porque eles viven moi intensamente a Semana Santa, encántalles a Imaxinería e unha importante maioría deles e delas participan moi activamente na Semana Santa dos Nenos.

Da zona  Norte de Galicia á zona  Sur de Andalucía, unidos por dúas cousas: Pola Semana Santa e polo bo tempo que estamos a ter esta Santa Semana.

Galicia e Andalucía. Tambores e saetas ao paso das imaxes.




Cómo se fixo para que saíra tan ben? Pois facéndoo ben desde o comenzo. Documentándose!





OS NAZARENOS.

OBRADOIRO DOS TRAXES. PASIÑO A PASIÑO.

O cadro de partida...


Los Nazarenos, 1914. Un dos grandes paneis óleo sobre lenzo da colección Visión de España  que decora a Biblioteca da  Hispanic Society de Nueva York.


pintor valenciano JOAQUÍN SOROLLA Y BASTIDA. (1863-1923)



Antonio Najarro , director do Ballet Nacional de España, tivo unha idea xenial para xuntar o Arte coa Danza. Reuniu a grandes coreógrafos, escenógrafos, músicos  e deseñadores do vestuario para levar a cabo o Espectáculo Sorolla, incluindo unha interesante coreografía para Os Nazarenos. 

ESPECTÁCULO SOROLLA. ARTISTAS 

Coreógrafos: Arantxa Carmona, Miguel Fuente, Manuel Liñan e Antonio Najarro.
Director de escena: Franco Dragone
Asistente de director de escena: Pascal Jacob
Deseño de Escenografía: Vicent Lemaire
Música: Juan José Colomer
Iluminación: Felipe Ramos y Ginés Caballero.
Vestiario: Nicolás Vaudelet
Maquillaxe: Eduardo Jimenez, de Yves Saint Laurent




Escena do Espectáculo SOROLLA , onde os Nazarenos saen dun gran marco dun cadro para facer unha espectacular coreografía.
Impresionante! Recomendamos ver o Espectáculo Sorolla.



 Bailaríns do BNE fotografiados por David Palacín. Exposición BAILANDO A SOROLLA. No Museo Sorolla.2014.

Algún dos detalles da coreografía dos Nazarenos que serviron de base para a adaptación da coreografía e a música, a cargo da mestra Rebeca, da especialidade de Educación Física.
Cantas voltiñas lle deu para encontrar unha música de Semana Santa Andaluza, base e inspiración da coreografía para a BNE !, búsqueda de autoridades e significatividade....

Poñemos estas imaxes con todo o noso respecto e admiración, tan só para que se entenda o acto final que se preparou cos Nazarenos de 6º.



Coreografía do BNE para representar o cadro Los Nazarenos, da Visión de España, de Sorolla.
Seguimos a recomendar ver este Espectáculo Sorolla do BNE e a abraiarse con tremenda posta en escena.

Seguidamente imos contando como se fixo e se adaptou Os Nazarenos á nosa concreta Comunidade escolar.

A mestra Raquel e o mestre Marcial comezaron canto antes a documentarse sobre o deseño do traxe!
Fixeron números (matemáticas) para calcular cantas bolsas precisaban e decidir as cores...

Dificultade 1: Non hai bolsas cor púrpura nin morada como pretendían, buscando as cores da paixón que se vive nesa festividade.

Solución 1: Pedir bolsas amarelas e...azul escuras. Por que estas cores? Ademáis de que combinan moi ben, chaman a atención, son moi alegres para ser levadas por rapaces e rapazas, existe unha Cofradía de Viveiro que emprega case as mesmas cores e..,.unha razón a maiores que tamén se considerou: amarelo e azul son dúas das tres cores primarias, favoritas da paleta do pintor Sorolla.


Dificultade 2: O capuchón ou Capirote. Como facelo?
Solución 2: Fixéronse moitas probas para que non quedase nin moi longo nin moi curto. Leva unha base cónica de cartolina branca. Logo forrouse con bolsa de plástico para disfraces. Moi ceñida no capuchón e máis holgada ou solta na parte de abaixo.Uns buratiños para os ollos.
Unha goma, igual que na realidade, para suxeitar o capirote ás cabezas dos rapaces e rapazas.


Ao final conseguíronse, non sen moito esforzo, uns moi logrados capirotes que o alumnado de 6º levaba para cada un dos ensaios da coreografía.

Dificultade 3: O corpo, con manga longa. 
Solución 3: Tiveron que facer un novo encargo de máis bolsas da cor azul escura, para poder facer as mangas...








Parece que se vai logrando, entre todos! Foron os mesmos alumnos e alumnas os encargados de facer un traxe con mangas longas.Medir, recortar, colocar e insertar.

Só falta un toque para facer cinturón e bordos do traxe. Ironfix ou adhesivo amarelo.


Cintiñas de Ironfix para poñerlle bordo ás mangas e ao traxe final.
Os cinturóns foron feitos con tira larga de bolsa amarela.

Só falta traer da casa un calzado negro, digno de Procesión... e os capuchóns xa están amañados.

Unha vez logrado os traxes dos capuchóns...haberá que buscar as autoridades e mantillas españolas que acompañen na procesión.


Un traxe ou vestido negro é fondo de armario de calquera muller. Se o traxe é moi moderno e ten cremalleiras ou detalles dourados, podemos tapalos cun anaquiño de Ironfix negro. Non se nota nadiña!

Tea de mantilla e Peineta flamenca.

Dificultade 4: Non atopamos peineta flamenca de cor negro.

Solución 4: Raquel pillou unha peineta flamenca branca e cun rótulo permanente negro deulle unha e outra vez , varias mans até obter unha verdadeira peineta negra.
Mercou unha tela que poidese servir de mantilla, prendida na peineta.

Marcial desempolvou a capa da banda, que da aire de autoridade e elegancia...e velaquí o resultado!




Xa temos o tema resolto, autoridades e mantilla española, con cirio incluído! O Cirio é un detalle que completa o significado do traxe e da ceremonia.

Reebee...! Como arranxar  a coreografía?

Moito toleou a mestra Rebe para buscar unha música de Semana Santa andaluza e para organizar unha boa coreografía basada na coreografía do BNE para Os Nazarenos do Espectáculo Sorolla, pero que tamén sexa significativa da Nosa Semana Santa e da Semana Santa española en xeral. 
Limitada pola nova e recente  orde de Dereitos de autor...e pouco tempo para a busca...

Dificultade 5: A Banda Sonora libre de dereitos. O pouco tempo de ensaios...

Solución 5: Insistencia. As clases de Educación Física adicadas á coreografía. Os rapaces e rapazas baixaban ao ximnasio cos seus capuchóns.

O DÍA D...DEMOSTRACIÓN

Os nazarenos baixan as escaleiras...



Están eufóricos...

Conscientes do papel que lles toca desempeñar. Desfile, Procesión, coreografía e moita arte!

Comeza a procesión...













 Unha verdadeira Procesión onde o capataz do paso manda parar ou avanzar  á cadrilla de costaleiros, co bastón de mando. As autoridades e a Mantilla, moi serios, van acompañando detrás. Testigos da actividade dos costaleiros ao mando do capataz.










 Momento coreográfico especial, chisco de ollo para o Ballet Nacional de España, que tanto nos axudou no proceso.
Grazas ao Ballet Nacional de España, ao seu director Antonio Najarro e  Azucena Huidobro, que tan amablemente nos atendeu e nos axudou para poder facer unha cousa xeitosa.

O video, para poder apreciar moito mellor os detalles e tamén todo esforzo adicado na posta en escena.

Procesión, Simbolismo, significación. Semana Santa Andaluza. Imos ver!



Xenial,non si? Noraboa a todo o grupo! Grazas á colaboración conxunta de todos e todas.
Un acabado para ver unha e outra vez.

Lástima que o escenario non era moi lucido, limitados ao ximnasio.

Os protagonistas do espectáculo, no corredor de arriba, preto da súa aula de 6º curso





E tamén no Photo call...



Perfecto! O único detalle que faltou foi incluir unha saeta en directo. 
Que é unha saeta?

Unha saeta é un canto relixioso tradicional interpretado fundamentalmente nas procesións de Semana Santa en España, especialmente en Andalucía, nalgunhas zonas de Extremadura, Castela A Mancha e Murcia.
As saetas flamencas actuais cántanse ao paso das imaxes dunha Procesión de Semana Santa. Adoitan a cantarse desde un balcón baixo. O saeteiro pode ser contratado polas cofradías ou mesmo ser un devoto espontáneo.

En Galicia non se cantan saetas ainda que nalgúns casos como O Encontro, vanse narrando os feitos, por algunha persoa experta. En Galicia prepáranse  tambores e A Banda. Intégrase algunha gaita nas procesións. O son dos tambores marcan o paso.


Sentimento, arte e devoción.6º OS NAZARENOS. PASO A PASO. 
Igual que o pobo de  Viveiro implícase de cheo coa Semana Santa, o alumnado de 6º impliouse con este mini proxecto. Pasiño a pasiño , implicandose e colaborando.

O Entroido na casa e...a Semana Santa na plaza! O noso é xuntar celebracións, festas relixiosas e non relixosas, galegas ou non, de Norte a Sur. As festas son de todos e todas! Hai que disfrutalas antes, durante e tamén despois.


Responsable da documentación: Pablo Dablanca, curso, con bos amigos en 6º, ademáis da súa curmá Alejandra. Documentouse directamente coa súa curmá, os seus amigos e os mestres Marcial, Raquel, Mari Pernas e Ermi . Fotografía: Ermi Orol e Mari Pernas. Vídeo por mestre Javi Sordo. Coreografía. mestra Rebeca.

Grupo Editorial COMO CHO CONTO!Equipo de Dinamización da Lingua.
Reportaxe de  Pablo Dablanca e a mestra Ermi Orol. Esperamos que vos guste!

2 comentarios:

  1. Aínda que levamos xa varios anos vendo como facedes a recopilación de información e a elaboración dos traxes, non deixades de sorprendernos polo traballo e esforzo pola vosa parte. De novo os noso parabéns para todos vós. NORABOA :) e moitísimas grazas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas tamén as familias por colaborar e apuntarse a completar os traxes desde as casas!

    ResponderEliminar