luns, 15 de decembro de 2014

NADAL, AGASALLOS E APALPADOR!

Xa está chegando o Nadal á Rúa e ás casas.
No colexio temos ornamentación a dúas cores: vermello e prata!
Corredores e aulas moi ornamentadas. Da gusto velas! Imaxinación e creatividade están detrás das complexas estrelas, bailarinas, bonecos de mazapán que colgan e adornan.

Xa nos preparamos para un festival cheo de panxoliñas, actuacións teatrais e coreografías en inglés.

Unha das figuras destacadas do Nadal, o noso ...Apalpador.
Quen é o Apalpador?

Vexamos como o contan o CEIP de Coirón, Dena, cos que nos hemanamos nas Apertas Visuais.
Velaí un video conto elaborado por eles...




O Apalpador vive nas Devesas  do Courel. É un home xigante. Antes era carboneiro. Apaña madeira. No outono aproveita para recoller castañas.
O vello carboeiro, de barbas vermellas, no inverno séntase a carón da lareira e tala figuriñas e xoguetes coa súa navalla.
O 31 de decembro, cando os nenos e nenas de Galicia dormen, o Apalpador baixa da montaña, apalpa as barrigas dos nenos e nenas para comprobar se están ben mantidos.Deixalles un puñado de castañas na mesiña de noite e agocha pola casa algún agasallo. Poida que sexa algún dos xoguetes dos que tala coa súa navalla.

Completísima U.D feita por compañeiros e compañeiras do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo.
Para traballar e profundizar algo máis sobre esta figura e outras análogas.

O APALPADOR.UD.pdf

E que nos di Paco Nogueiras no Brinca vai?





Algo están preparando o alumnado de 3º sobre O Apalpador. Poida que apareza o venres 20 no noso colexio, no Festival de Nadal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario