luns, 2 de xuño de 2014

H. XEADA NO NOSO COLEXIO!


Isto é o que aparecía no facebook do propio Hipólito Xeada logo da Visita ao noso colexio.

 A VISITA
O recibimento foi no ximnasio. Nas paredes puxemos os traballos dos distintos ciclos, adornados con versos e textos. Poñendo palabras as imaxes.
Un neno ou nena de cada nivel, axudados por Ana( a mediadora de Juan) prepararon cada a súa pregunta en Linguaxe de Señas.
Chegou o artista! O lenzo preparado. Utilizou o seu propio cabalete e as súas pinturas. Veu acompañado de dúas intérpretes. Non sabía que nós tamén estábamos preparados...

Primeiro explicou un pouco da súa historia, desde neno. Os seus estudos en Santiago e en Lugo. Logo contestou con moito cariño ás preguntas que os nenos e nenas tiñan preparadas.

Pintou en directo e foi explicando o proceso e algún truco para un bo acabado.






Intercambiamos Rosalías. Unha vez máis el agasallounos coa Imaxe e nós agasallámola cunha Rosalía que le poesía, unha figura de cerámica Otero Regal, de Viveiro. Unha figura cun libro nas mans. O libro ten grabado os primeiros versos do Adiós ríos, Adiós fontes!




Unhas palabras de agradecemento e grande recoñecemento como artista e un aplauso colectivo de todo o centro:
GRAZAS, XEADA!



Desde Xaneiro estivemos preparando a visita de H. Xeada. Descubrindo unha GALICIA EN IMAXES: a súa xente, as súas romerías, escenas de traballo de mar e terra, monumentos coñecidos, até a Nosa Praza Maior e os Claustros de San Francisco. (cadros cedidos polo Casino de Viveiro).
Toda a Comunidade a documentarse e a descubrir ao artista a través da súa obra.
Presentamos a H. Xeada nas clases.




Repartimos o traballo. O alumnado de Infantil fixo un grande gaiteiro de tempera e marco de papeliños de cores, máis gaiteiros pequenos traballados con ceras de cores.


 





O Primeiro ciclo centrouse nas fermosas Romerías que retrata H.Xeada. O alumnado de 1º curso, axudado da súa mestra Montse aportaron unhas extraordinarias siluetas de cartón emulando os gaiteiros de Xeada.

O alumnado de 2º argallou un conto "Os gaiteiros en Naseiro".




O 2º ciclo centrouse nas escenas de traballo. O tema do mar e as mulleres.

 Probaron a buscar títulos e a poñer palabras ás imaxes.


Hugo Casas escribiu unha historia sobre a descarga do Naveiro I cando chega ao Porto de Celeiro, cargado de xardas e de xurelos...

O 3º ciclo centrouse no cadro dos avós, tanto desde o punto de vista artístico (simetrías, cores, trazo...)

como para contar cadros.



Unha vez máis relacionamos e fusionamos a Imaxe de Xeada e as Palabra de Rosalía, e todo encaixa: desde O Repoludo gaiteiro e as romerías ao nosos maiores, Compadre desde que un vai vello...

Ningún comentario:

Publicar un comentario