domingo, 28 de maio de 2017

martes, 14 de marzo de 2017

mércores, 1 de marzo de 2017

SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose unha actividade para a celebrar a "Semana do Amor e da Amizade". A actividade consistía en realizar unha mensaxe de amor, alegría, amizade... sen un destinatario concreto, e depositalas no "recanto do amor".


A finais de semana cada un podía recoller unha mensaxe positiva!

martes, 17 de xaneiro de 2017

CABAZAS NO SAMAÍN

Cantas cabazas fixeron os nenos de Galdo no Samaín!! Foi impresionante e marabilloso ver como moitos nenos coa axuda de pais ou avós prepararon a súa cabaza para expoñer no colexio. Gatiños, tartarugas, minions, pantasmas, bruxas, vampiros, diaños... as cabazas transformáronse en multitude de personaxes. Pintadas, decoradas, baleiras, con luces, con sons... o noso conserxe Antonio estaba rodeado delas!!Aquí tedes unha mostra da nosa exposición.


 

martes, 6 de decembro de 2016

MAGOSTO

Como todos os anos, este curso tamén celebramos o magosto no colexio. Para a celebración, fixemos unha saída para recoller as castañas dos castiñeiros e realizamos na clase un adorno para a cabeza e unha cesta para as castañas.
Con todo isto xa estabamos preparados para o Magosto 2016!
Ese día realizamos xogos populares e degustamos castañas asadas!





DÍA DO PEÓN!

Co gaio do Día do Peón, realizamos unha exposición de peóns na estrada do colexio. Nela o alumnado podía colocar o seu peón e, ademáis, podíase escribir un refrán no mural que acompañaba a exposición.


Tamén se convocou o certame "Decora o teu peón", no que, o peón máis orixinal e mellor decorado levará un premio!